AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes

2 Abril, 2017 Comisión Europea, Erimsa, Frades, GUE/NGL, Lidia Senra, Mesía, mina, minaría, Ordes, Oroso, Parlamento Europeo, seixo, Xanceda
  • Rexistra escrito preguntándolle á Comisión Europea se as explotacións de Xanceda perderían axudas da PAC e certificacións ecolóxicas 
  • A deputada advirte da modificación da estrutura dos solos que provocaría a extracción de seixo e os efectos sobre o cambio climático

Pregunta a CE sobre mina Erimsa OrdesSantiago, 2 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar no Parlamento Europeo o proxecto mineiro de extracción de seixo que pretende levar a cabo a empresa norueguesa Erimsa na comarca de Ordes e que afectaría na súa maior parte e na fase inicial a Xanceda, no concello de Mesía. Concretamente, Senra rexistrou esta semana en Bruxelas un escrito dirixido á Comisión Europea (CE) no que lle pregunta ao organismo comunitario se “coñece o risco que supón este proxecto para os centos de produtores e produtoras agrícolas e gandeiros que hai na comarca?”. Senra valora que os 8 postos de traballo temporais que promete Erimsa para levar a cabo este proxecto non compensan en absoluto comparado coas 6.721 hectáreas afectadas de terreos agrarios e forestais e as 200 granxas que empregan a 500 persoas e que se verían tamén afectadas no caso de ir adiante o proxecto completo de extracción de seixo e de investigación pensado por Erimsa para os municipios de Frades, Mesía, Oroso e Ordes.

Lídia Senra explícalle á Comisión Europea que moitas das explotacións agro gandeiras da zona que se poderían ver afectadas pola ansia mineira de Erimsa perciben pagos da Política Agraria Común (PAC). Algunhas delas incluso teñen certificación de produción ecolóxica. “Poderían estas granxas perder estas axudas e estas certificacións por este proxecto?”, pregúntalle a parlamentaria á CE, co obxectivo de poder valorar mellor as perdas que ocasionaría para os donos das granxas que Erimsa entrase nos seus terreos para extraer seixo.

O proxecto de extracción de seixo contemplado por Erimsa na zona –actualmente está en fase de exposición pública por parte da Xunta de Galiza– sería en fincas a ceo aberto, escavando até unha profundidade de 2,5 metros, e facendo un posterior recheo das zonas afectadas coa terra pero xa sen o mineral, o que implicaría deixar os terreos inservibles para a actividade gandeira e agraria, xa que sen o mineral, os prados non volverán producir forraxe ao 100% até pasados uns 8 anos como mínimo. “É posible que un proxecto como este poida obter unha avaliación de impacto ambiental positiva tendo en conta a modificación que vai provocar na estrutura dos solos e a importancia destes para a loita contra o cambio climático?”, pregúntalle Senra á Comisión.

Por outro lado Senra denuncia “o servilismo da  Xunta de Galicia que non dubida nin un so minuto en poñer en risco centos de empregos directos e indirectos nin en arruinar o futuro da comarca de Ordes para poñer a terra a disposición dunha multinacional como Erimsa que co seu proxecto ademais de destruír emprego, ataca o medio ambiente e contribúe a agravar o cambio climático”.

Segundo o que adoita ser habitual, a Comisión Europea debería ditar unha resposta por escrito a estas cuestións formuladas por Lídia Senra nun prazo de entre 4 e 6 semanas aproximadamente.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies