AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na UE a ausencia de estudo de impacto ambiental transfronteirizo da mina da Gudiña

17 Marzo, 2017 Gudiña, GUE/NGL, impacto ambiental, Joao Ferreira, Lidia Senra, Marisa Matías, mina, volframio
  • A eurodeputada galega rexistra unha pregunta escrita dirixida á CE e elaborada conxuntamente cos portugueses Joao Ferreira e Marisa Matías 
  • Piden explicacións sobre por que a Xunta outorgou a concesión desta explotación sen accionar os mecanismos incluídos nas Directivas Europeas 

Pregunta mina gudinhaSantiago, 17 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou esta semana en Bruxelas unha pregunta dirixida á Comisión Europea na que denuncia a ausencia de estudo de impacto ambiental transfronteirizo da mina da Gudiña.

O escrito, elaborado conxuntamente e asinado tamén polos deputados portugueses João Ferreira, do Partido Comunista Português (PCP), e Marisa Matías, do Bloco de Esquerda, dá conta de que con data do 17 de novembro do 2015 a Xunta outorgou a concesión para a explotación directa da mina de volframio OU/C/5226 “San Juan” á empresa European Tungsten Company SL, filial do Grupo Sacyr. A zona de explotación atópase nos baldíos da aldea de Barxa, na Gudiña (Ourense), preto do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Pena Maseira, a 1 quilómetro da fronteira portuguesa e na cabeceira da conca do río Rabazal, que atravesa o Parque Natural de Montesinho. “Non consta que o proxecto fose sometido a estudo de impacto ambiental transfronteirizo, como esixen as Directivas 2014/52 / UE, 2011/92 / UE, 2001/42 / CE, ademais do Protocolo de actuación entre o Goberno da República Portuguesa e o Goberno do Estado español sobre a aplicación ás avaliacións ambientais de plans, programas e proxectos con efectos transfronteirizos”, denuncian os eurodeputados no escrito dirixido á CE.

Ante esta preocupante situación, Senra, Ferreira e Matías preguntan se “ten coñecemento a Comisión Europea de que a Axencia Portuguesa do Ambiente e o departamento correspondente do Estado español tivesen realizado as consultas ambientais transfronteirizas en relación a este proxecto ou tivesen acceso ao seu Estudo de Impacto Ambiental (en particular no referente á asignación dos espazos naturais protexidos afectados )?”. “Ten coñecemento a Comisión de que o Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado español notificase ao Ministerio de Asuntos Exteriores da República Portuguesa a existencia deste proxecto con asignación transfronteiriza? Cal é a razón para non ser accionado o mecanismo de consulta transfronteiriza establecido nas Directivas citadas?”, preguntan.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies