AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na CE que o Centro de Interpretación do Castro de Cociñadoiro, prometido no 2004, non existe

19 Abril, 2017 A Coruña, arqueoloxía, Arteixo, castro de Cociñadoiro, Centro de Interpretación, cultura, GUE/NGL, Lidia Senra, patrimonio, porto exterior, Punta Langosteira
  • Lembra que foi un compromiso da Autoridade Portuaria, a Xunta e o Concello de Arteixo co Banco Europeo de Investimentos para poder acceder a que se financiara a construción do porto exterior da Coruña 
  • A eurodeputada rexistra un escrito dirixido á Comisión Europea no que lle pregunta ao ente comuntario se ten previsto tomar algunha medida tendo en conta que 13 anos despois o acordo segue sen cumprirse

Pregunta CE castro cocinhadoiroBruxelas, 19 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), denuncia ante a Comisión Europea (CE) que o Centro de Interpretación do Castro de Cociñadoiro, comprometido no ano 2004, segue hoxe en día sen ser unha realidade.Senra rexistrou en Bruxelas un documento por escrito dirixido á CE no que lle informa ao ente comunitario de que foron as obras de construción do porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, no Concello de Arteixo, as que deron lugar ao achado, hai máis de 13 anos, de importantes restos arqueolóxicos de gran valor como é o chamado Castro de Cociñadoiro, así como tumbas de época galaico-romana. O Estado español autorizou no 2004 a escavación arqueolóxica e acordouse coa Autoridade Portuaria da Coruña, Xunta da Galiza e Concello que todas as estruturas levantadas para poder construír as novas instalacións portuarias se trasladarían a un Centro de Interpretación que se abriría en Arteixo, co obxectivo de difundir o castro e o patrimonio da zona.

Non obstante, a data de abril de 2017, o Centro non foi construído e as pezas arqueolóxicas están almacenadas, sen exposición ao público e con dúbidas sobre o seu estado de conservación. Tendo en conta que a creación deste Centro foi un compromiso adquirido co Banco Europeo de Investimentos (BEI) no proceso de aprobación do financiamento comunitario outorgado para construír o porto exterior de Punta Langosteira, Senra pregúntalle á CE que opinión lle merece esta parálise de tantos anos e se non considera que se debería instar á construción do Centro. “Tomará a Comisión algunha medida de acordo co BEI polo incumprimento do acordo?”, pregunta a eurodeputada galega.

Senra considera “inaceptable” o estado de “desleixo” no que se atopa gran parte do patrimonio arqueolóxico e cultural galego e reclama a todas as Administracións públicas que se poñan a traballar para lograr unha boa conservación e difusión e coñecemento da nosa historia.

A CE debería dar nun prazo de entre 4 e 6 semanas resposta por escrito ao documento rexistrado en Bruxelas por Lídia Senra.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies