AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lidia Senra denuncia na CE que a Ponte Vella de Monforte necesita unha urxente intervención

14 Agosto, 2017 Comisión Europea, GUE/NGL, Lidia Senra, Monforte, patrimonio, Ponte Vella
  • A eurodeputada recolle a preocupación manifestada polo estado de conservación dun dos monumentos máis emblemáticos desta cidade
  • A necesidade de mantemento e peonalización é unha reivindicación de colectivos e persoas vinculadas coa defensa do patrimonio

20170428_171627

Santiago, 14 de  agosto de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a Ponte Vella medieval de Monforte de Lemos sobre o río Cabe necesita nestes momentos actuacións urxentes para a súa conservación e que se teñen que poñer as medidas necesarias para conseguir a peonalización, posto que non pode seguir soportando o tránsito rodado.   Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación.

Esta ponte é un dos monumentos máis emblemáticos desta cidade. Trátase dun ben inventariado que forma parte do conxunto monumental monfortino do casco  antigo, con categoría de BIC. O Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Monforte recoñece que o tránsito rodado que soporta a ponte medieval monfortina excede as posibilidades do monumento, sinalando como obxectivo básico a peonalización da ponte. O estado da ponte fai necesarias actuacións urxentes para a súa conservación.

Ante esta situación, Senra pídelle a Comisión que tome algunha medida para que os Estados asinantes do Convenio para a salvagarda do Patrimonio Arquitectónico de Europa, teñan actuacións eficaces para evitar o deterioro do patrimonio arquitectónico. A Comisión Europea debería dar resposta a este escrito nun prazo de entre 4 a 6 semanas. 

foto pregunta ponte vella

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies