AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na CE que a concentración parcelaria de Valdoviño deixa as parcelas forestais sen acceso directo

6 Xullo, 2017 Comisión Europea, concentración parcelaria, Feder, GUE/NGL, Lago, Lidia Senra, Meirás, O Val, Valdoviño
  • A eurodeputada recolle as demandas das persoas afectadas no polígono 13 da concentración parcelaria “O Val-Meirás-Lago II”, que levan tempo pedíndolle unha solución á Xunta e non tiveron resposta 
  • A redistribución do terreo foi financiada nun 57,56% polo Feder pero as fincas carecen de entradas para maquinaria ou vehículos contra o lume

Santiago, 6 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a concentración parcelaria “O Val-Meirás-Lago II” deixa unha serie de parcelas forestais no Polígono 13 sen acceso directo. Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta información facilitada polas persoas da zona afectadas, que levan tempo reclamando unha solución e incluso presentaron unha reclamación ante a Consellería do Medio Rural da Xunta, apoiados polo Concello de Valdoviño, pero non recibiron resposta algunha. Tendo en conta que dita concentración parcelaria foi cofinanciada nun 57,56% por fondos Feader 2007-2013, Senra decidiu levar o tema á UE co fin de que o ente comunitario valore como se están a investir os fondos europeos.

No seu escritro, Senra explica que os montes quedaron sen acceso directo polo desnivel creado pola extracción de pedra na elaboración dos viais, o que infrinxe a Lei da Comunidade Autónoma de Galiza, 12/2001 de 10 de setembro, que inclúe a obrigatoriedade de “dar ás novas fincas acceso directo ás vías de comunicación, para o cal se establecerá a rede viaria necesaria”.

“As fincas están inservibles para o cultivo e mantemento, posto que carecen de entrada para maquinaria agrícola, coche contra incendios, etc, constituíndo un caldo de cultivo para posibles lumes forestais”, considera a eurodeputada.

Ante esta situación, Senra pídelle á CE que se pronuncie sobre o tema, instándoa a que á vista destes datos se interese ante as autoridades do Estado español e da Xunta para solventar esta situación. A Comisión Europea debería dar resposta a este escrito de Lídia Senra nun prazo de entre 4 e 6 semanas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies