AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na CE a falta de participación das comunidades afectadas no BIC Ribeira Sacra

9 Maio, 2018 BIC, GUE/NGL, Lidia Senra, Ribeira Sacra
  • A eurodeputada critica que a Xunta de Galicia non estea a informar sobre o procedemento e consecuencias de declarar a área Ben de Interese Cultural 
  • As conclusións europeas de gobernanza participativa no patrimonio cultural inclúen que se promova a participación das partes interesadas nas decisións

Pregunta-escritaSantiago, 09 de maio de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) a falta de participación das comunidades afectadas no Ben de Interese Cultural (BIC) Ribeira Sacra. Así o recolle nunha pregunta por escrito recentemente rexistrada en Bruxelas[1], na que pon ao organismo comunitario ao tanto de que en decembro de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia decidiu dar inicio ao procedemento para declarar unha extensa área, a Ribeira Sacra, como BIC. “Abriuse un periodo de información pública durante tres meses e durante o cal non houbo ningunha información oficial”, asegura Senra.

A europarlamentaria, asegura que o problema deste procedemento é que hai “unha total ausencia de participación das comunidades afectadas e unha seria falta de información”, o que é máis que preocupante se se ten en conta que “o BIC é un instrumento proxectado e imposto sobre o territorio”. “Non é posible levar a cabo a protección dunha área tan grande con medidas tomadas desde o Goberno galego pero sen contar coa participación activa da poboación”, defende Lídia Senra.

Así, a eurodeputada insta á CE a investigar que é o que está a pasar con este procedemento, tendo en conta que a UE pon bo énfase en protexer e valorar o patrimonio cultural europeo. Neste sentido, Senra considera que as Conclusións do Consello da UE sobre a Gobernanza participativa do patrimonio cultural (2014/C 463/01)[2] se están a incumprir neste caso, xa que inclúen que se “promoverá a participación das partes interesadas garantíndolles a posibilidade de participar en todas as fases do proceso decisorio”, algo que aquí non está a acontecer. “Non considera a Comisión que debería instar á Xunta de Galicia para garantir a participación da poboación afectada?”, pregunta a eurodeputada. Nun prazo de entre 4 e 6 semanas, a CE debería dar unha resposta ao escrito de Senra.

——————————————

[1] Pódese acceder a unha copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea aquí:

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2018/05/PE-BIC-Ribeira-Sacra-040518.pdf

[2] Pódese acceder ao documento de Conclusións aquí:

http://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/PDF/?uri=OJ:C:2014:463:FULL&from=ES

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies