AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na CE a concentración de lindano que se rexistra no río Louro ao seu paso polo Porriño

2 Marzo, 2018 GUE/NGL, Lidia Senra, lindano, Porriño, Torneiros, Zeltia
  • A eurodeputada pon á Comisión Europea en aviso de que na zona onde estivo instalada Zeltia se están a multiplicar por 10 os niveis permitidos do químico prohibido en 1991 
  • Reclama unha investigación, que se faga cumprir a Directiva Marco da Auga, que se protexa a saúde da veciñanza de Torneiros e se depure a responsabilidade dos danos ambientais

veneno toxicos

Santiago, 2 de marzo de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), informou esta semana á Comisión Europea (CE) das altas concentracións de lindano que se dan en varias áreas do río Louro ao seu paso polos concellos do Porriño e Tui (Pontevedra) e que multiplican por dez o máximo permitido. Senra remitiu en Bruxelas un escrito dirixido á CE onde a pon en aviso do informe elaborado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil publicado a finais do 2017 e que constata que hai presenza de contaminación da auga por lindano de forma continuada desde o 2010 e que as zonas máis afectadas do río Louro están á altura da ponte da N-550 en Tui e no lugar da Rocha de Atios no Porriño.

Así, Senra lembra que na zona de Torneiros (O Porriño) estivo instalada entre 1947 e 1964 a empresa Zeltia adicada a fabricar lindano, un produto químico insecticida que foi considerado carcinoxénico pola Organización Mundial da Saúde no 2015 e que está prohibido desde 1991 polos seus graves efectos na saúde e o seu impacto ambiental.

Ante esta preocupante situación, Lídia Senra insta á CE para que tome medidas que fagan que se cumpra a Directiva 2004/35/CE referida á responsabilidade medioambiental en relación coa reparación de danos. A europarlamentaria tamén lle pregunta á Comisión se non cre que semellantes índices de contaminación supoñen unha vulneración da Normatica Marco da Auga. A eurodeputada considera urxente que se tomen medidas para protexer á poboación próxima, xa non só polos índices de lindano rexistrados no río, senón tamén tendo en conta que xa en 1996 a veciñanza de Torneiros denunciou que o seu barrio estaba construído sobre un dos depósitos nos que se acumularon os residuos de lindano de Zeltia e que, a xulgar polas analíticas da auga que saen agora á luz, poderían non estar todo o ben selados que deberían. Así, Senra reclama que a CE abra unha investigación sobre isto e obrigue ao Estado español e á Xunta a cumprir os tratados de dereito comunitario en materia de contaminación e perigos para a saúde.

Pregunta sobre lindano no rio louro a CE

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies