AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia en Bruxelas a escalada crecente de represión e criminalización do MST do Brasil

9 Novembro, 2016 AGEe, Brasil, criminalización, Lidia Senra, MST, represión
  • A eurodeputada pregúntalle á Comisión Europa se prevé realizar xestións para pór fin á violación de dereitos dos movementos sociais 
  • A representante de AGEe informa de actuacións policiais arbitrarias e ilegais dende o golpe que destituíu á presidenta Dilma Rousseff

 lidia-na-protesta-en-bruxelas-en-apoio-ao-mst-2_2592x1472

Santiago, 9 novembro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar no Parlamento Europeo o aumento da represión e da criminalización dos movementos sociais no Brasil. Senra rexistrou unha pregunta por escrito, dirixida á Comisión Europea, na que amosa a súa “grande preocupación” pola “forte escalada gobernamental na represión e para criminalizar os movementos sociais desde que tivo lugar o golpe que destituíu á presidenta Dilma Rousseff”.

En concreto, a eurodeputada galega refírese ao caso do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), que “está a sufrir unha escalada crecente de accións represivas, incluíndo a operación “Castra”, desenvolvida o pasado 4 de novembro no Paraná, Quedas do Iguaçu, Francisco Beltrão, Laranjeiras do Sul, São Paulo e Mato Grosso do Sul”. Lídia Senra fai fincapé no seu escrito en que estas accións incluíron “a invasión policial, arbitraria e ilegal, sen mandato xudicial, na Escola Nacional Florestan Fernandes (ENFF) en Guararema.

Tendo en conta que incluso o Procurador da República, Daniel de Alcântara Prazeres, cuestionou a acción”agresiva” da Policía Civil na ENFF, Lídia Senra pregunta á  Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores e a Política de Seguridade  se é consciente desta situación de escalada da represión e criminalización do MST e da violación de dereitos fundamentais. Tamén lle pregunta se prevé, no ámbito das relacións co Brasil, algunha xestión para que se poña fin á violación de dereitos, á represión e á criminalización dos movementos sociais en xeral e do MST en particular.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies