AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia ante o Comisario Europeo de Agricultura a contaminación de augas na Limia

24 Xaneiro, 2019

 

  • Senra dirixiuse a Phil Hogan esta mañá no marco da sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo
  • Pediu un cambio de modelo de desenvolvemento agrícola e rural e criticou a política de “parches” da Unión Europea

Bruxelas, 24 de Xaneiro de 2019. A coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUe/NGL), Lídia Senra, denunciou hoxe durante a sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo a contaminación provocada pola produción industrial do modelo COREN na comarca da Limia.

A súa intervención tivo lugar durante o punto da axenda de traballo reservado para establecer un intercambio de puntos de vista co Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan. As deputadas e deputados debateron ca Comisión Europea cuestións relacionadas ca  denominada “nova arquitectura verde” e as propostas lexislativas para a PAC logo do 2020. “E fundamental abordar o modelo de produción, abordar a regulación da produción, abordar  mercados e abordar os prezos”, insistiu unha vez máis a eurodeputada galega ao tempo que criticou a “continua política de parches da UE”, advertindo que a realidade dista da visión teórica e sobre o papel á que moitas veces se limita a aplicación das políticas agrarias europeas.

“Agora mesmo na Galiza temos unha forte crisis pola contaminación do cebo industrial. Na comarca da Limia a auga está fortemente contaminada e a solución que se está a dar é acaparar terra para convertela en depósitos de máis puríns que están empeorando inda máis a contaminación da auga”, exemplificou, “e todo isto estase a facer tamén cos cartos da PAC”.

Senra pediu á Comisión e ao Parlamento que vaian ao fondo, “falar do modelo”, repensar o tipo de desenvolvemento rural que está tendo a UE e realizar todas as modificacións precisas ata conseguir “un modelo que garanta que todas as persoas que se adiquen á actividade agraria ou gandeira poidan vivir do seu traballo”, vinculado a dinámicas produtivas “que poñan fin tanto ás crises medioambientais como ás de prezos e, en definitiva, á destrucción do medio rural e dos postos de traballo na agricultura”.

 

Crítica aos TLC’s

Lídia Senra tomou tamén a palabra durante o debate mantido posteriormente con un representante da Comisión Europea en relación á situación do mercado dos cítricos, afectado polo tratado de liberalización comercial aprobado entre a UE e os países de África meridional no ano 2016 e que elimina os aranceis anteriormente aplicados aos cítricos africanos.

Senra cualificou de cínica e de “insulto á intelixencia” a pretensión do representante da CE de atribuír a baixada de prezos no mercado dos cítricos no Estado español a cuestións técnicas e á mala organización das labregas e labregos. “Ata aí podíamos chegar. É un problema político, POLÍTICO, e que vense arrastrando. E a orixe destes problemas está nos tratados de libre comercio que tan alegremente se consinten neste Parlamento. Non co meu voto, por certo”.

A eurodeputada galega instou á Comisión e ao Parlamento a recoñecer que os tratados de libre comercio que se están a asinar “son un auténtico fracaso que o único que traen é a ruína da pequena e mediana agricultura tanto nos Estados da UE como nos países que asinan con nós. Non podemos seguir pechando os ollos. Estamos a tempo de rectificar ca nova PAC. Hai que pór freo a isto. Hoxe son os produtores e produtoras de cítricos, mañá será o leite, pasado a carne de vacún… e os acordos non paran. Cantos acordos está negociando a Comision Europea? Moitos deles ademais en segredo e dos cales enterámonos cando se asinan?”, inqueriu.

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies