AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas

16 Xaneiro, 2017 AGEe, CIM, Comisión Europea, GUE/NGL, Lidia Senra, mulleres, Ponte Caldelas, violencia machista
  • A eurodeputada reclámalle á CE que se posicione sobre a decisión municipal de rebaixar a prioridade na loita contra a violencia machista 
  • Critica que o Concello actúe así malia gozar dos fondos europeos que sostiñan os salarios de persoal especializado para atender o Centro

cim ponte caldelas

Santiago, 16 xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar no Parlamento Europeo o peche por parte do Concello do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas. A europarlamentaria rexistrou este luns unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea (CE), na que informa ao organismo comunitario sobre a decisión tomada a finais de decembro polo Concello de Ponte Caldelas, de pechar este servizo de titularidade municipal especializado en atención ás mulleres que leva dez anos funcionando e que se subvenciona, igual que os restantes 80 CIM que hai por toda Galiza, a través do Fondo Social Europeo (FSE).

Lídia Senra considera que a decisión de pechar dito centro en Ponte Caldelas non é para nada “acertada” e denuncia que o Concello está rebaixando así “o nivel de prioridade na loita contra a violencia machista e pola igualdade de xénero”. Neste sentido, a eurodeputada esíxelle á Comisión Europea que se posicione e pregúntalle á CE se considera que é “axeitado” que se pehe o CIM “a pesar de ter concedidos os fondos europeos que sostiñan os salarios de persoal especializado para atender as mulleres” neste concello.

“A violencia contra as mulleres é unha lacra social que require un combate diario e integral tanto de loita social como de servizos especializados”, argumenta Lídia Senra, quen engade que “no caso galego, estes centros son máis cercanos e normalmente os únicos no medio rural, xogando un papel fundamental na atención a vítimas de violencia machista, así como de promoción da igualdade de xénero”. Deste xeito, a eurodeputada critica que o Concello argumente que pecha o CIM para poder convertelo nun servizo de asesoría legal, que estará especializado non en atención a mulleres e casos relacionados coa violencia como até o de agora. “Entendemos que tamén é importante atender desafiuzamentos, problemas con subministracións e outro tipo de cuestións sociais, pero iso debe facerse a maiores”, defendeu.

Para Senra, a decisión tomada polo Concello non se sustenta e reclama que as forzas municipais implicadas recúen nesta medida e que o CIM siga funcionando como até o de agora. A maiores, a europarlamentaria pregúntalle á CE se ten previsto poñer en marcha medidas que obriguen á prestación destes servizos de forma permanente e estable por parte das entidades beneficiarias dos FSE, para poder achegalos nuns estándares de calidade e o máximo posible a todas as mulleres, sobre todo no medio rural.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies