AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia ante a CE os continuos vertidos da EDAR da Estrada ao Sistema Fluvial Ulla-Deza

25 Abril, 2017 A Estrada, augas residuais, contaminación, Deza, EDAR, GUE/NGL, Lidia Senra, lodos, Mar Blanco, Móvete, río Liñares, Ulla
  • Informa á Comisión Europea do mal funcionamento da Estación Depuradora e reclámalle que tome medidas para corrixir a situación 
  • A deputada advirte sobre salmónidos e demais especies que se están vendo afectadas pola contaminación de augas fecais no río Liñares

boa mascara 

Bruxelas, 25 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) o mal funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Estrada. Senra rexistrou este luns en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que lle informa dos “continuos vertidos orgánicos que padece o río Liñares” e insta ao ente comunitario a tomar medidas para comprobar a situación de contaminación na que se atopa esta zona e forzar ás autoridades competentes na materia a corrixila.

A europarlamentaria galega considera “moi grave” o deterioro que está a sufrir a canle fluvial por mor de que a EDAR non depura ben as augas residuais do Concello da Estrada, e máxime tendo en conta que o río Liñares pertence ao Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluido co Código ZEC ES1140001 como Lugar de Importancia Comunitaria na Rede Natura 2000. Lídia Senra coñeceu de primeira man a problemática, xa que a principios deste mes estivo na Estrada visitando o lugar no que se atopa a depuradora, na parroquia de Aguións, e tamén a zona da minicentral hidroeléctrica de Aldea Grande, onde se producen as verteduras. Acompañada por Mar Blanco, concelleira de Móvete na Estrada, a eurodeputada comprobou daquela como as verteduras son palpables a simple vista, xa que se apreza un limo agrisado por toda a zona e incluso un forte cheiro.

Tomando de base análises realizadas a principios deste ano por Axentes Facultativos Medioambientais, Senra denuncia na CE que se está a producir “un gran aporte de materia orgánica ou fecal directamente ao río”. A sedimentación dos fondos fai inviable o proceso de desove de salmóns, reos e troitas presentes no Ulla, para o que esta conca está catalogada como hábitat idóneo. Ademais, na canle fluvial habitan desmáns ibéricos, especie protexida catalogada como vulnerable e cuxa alimentación e vida se está vendo alterada negativamente por mor dos vertidos.

Tendo en conta todos estes datos e que a CE xa reprendeu ao Estado español en numerosas ocasións por mala calidade das augas en diversos puntos do territorio, Lídia Senra pregúntalle se non considera que o mal funcionamento da EDAR da Estrada vulnera a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento das augas residuais urbanas e pídelle que atalle esta situación. A CE debería dar resposta por escrito a esta petición nun prazo de entre 4 e 6 semanas.

boa tubo minicentral

rio linhares

saida minicentral

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies