AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra demanda unha estratexia europea de loita contras as pragas nos vexetais e as especies invasoras

26 Outubro, 2016 AGEe, especies invasoras, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pragas nos vexetais
  • Reclama no pleno do Parlamento Europeo que se conte coas labregas e labregos para deseñar un plan de detección, control e investigación 
  • A eurodeputada de AGEe defende como “fundamental” que a UE se dote de mecanismos que sigan a súa presenza e desenvolvemento 


Estrasburgo, 26 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou no pleno do Parlamento Europeo que se está a celebrar esta semana en Estrasburgo, unha estratexia europea de loita contra as pragas nos vexetais e as especies invasoras que afectan ao territorio da UE. Lídia Senra defendeu como “fundamental” levar a cabo unha estratexia común que conte coa experiencia das labregas e labregos, para a detección precoz, o seguimento e a investigación destas especies e para a partir de aí poder establecer as actuacións precisas para previr, erradicar e impedir que as pragas e as especies invasoras se estendan.

A eurodeputada galega tomou a palabra este martes pola noite no debate sobre Medidas de protección dos vexetais contra as pragas, que se abordou na sesión plenaria da Eurocámara en Estrasburgo, para alertar de que “a globalización do comercio e o aumento das temperaturas provocado polo cambio climático están facendo aparecer novas pragas e enfermidades nas plantas e nas árbores. O caso da bacteria xylella fastidiosa é so un exemplo do que está acontecendo”. “Por iso é fundamental o control rigoroso e o seguimento do material vexetal que entra na UE”, dixo, para engadir que “tamén precisamos mecanismos para detectar a presenza e o desenvolvemento de pragas e especies invasoras que entran na UE coas importacións doutros produtos agrícolas, como foi a vespa velutina”. Senra chamou a definir protocolos comúns de actuación na loita contra as pragas e as especies invasoras, que protexan a saúde, o medio ambiente e as augas”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies