AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra demanda maior control e seguimento no emprego de lodos de depuradora na agricultura

3 Setembro, 2018
  • A UE está a modificar os procesos a través dos que concretar as obrigas de notificación das políticas medioambientais adoptadas polos Estados
  • Senra, responsábel do seguimento desta modificación para o GUE/NGL na Comisión de Agricultura, presentou hoxe un total de 15 emendas

Bruxelas, 03 de Setembro de 2018. Lídia Senra presentou hoxe un total de 15 emendas ao proxecto final do informe  sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á adaptación das obrigas de notificación no ámbito da política de medio ambiente – polo que se modificarán as Directivas 86/278/CEE, 2002/49/CE, 2004/35/CE, 2007/2/CE, 2009/147/CE y 2010/63/UE, os Regulamentos (CE) n.º 166/2006 e (UE) n.º 995/2010, e os Regulamentos (CE) n.º 338/97 e (CE) n.º 2173/2005 do Consello-. Varias das achegas rexistradas enfocáronse na Directiva 86/278/CEE, relativa á protección do medio ambiente e, en particular, dos solos, cando se utilizan lodos de depuradora na agricultura.

Responsábel no seguimento deste informe para todo o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) dende a Comisión de Agricultura, entre outras consideracións a galega subliñou cas súas emendas a necesidade dunha cooperación máis eficaz entre institucións comunitarias, demandando que a Comisión presente cada dous anos ao Parlamento Europeo e ao Consello propostas que garantan unha maior protección dos solos e do medio ambiente.

Indo a cuestións directamente relacionadas cas pautas de emprego de lodos na actividade agrícola, ao tempo que lembrou a necesidade de respectar os prazos estipulados entre a aplicación dos lodos e o acondicionamento das leiras, Senra solicita a prohibición do emprego destes lodos nos cultivos hortícolas e de froitas durante o período de vexetación.

Tamén demanda que calquera tipo de autorización para o emprego agrícola de lodos de depuradora estea supeditado á garantía de que as persoas usuarias dispoñan previamente dunha formación axeitada, avalada e supervisada polas administracións. “Pedimos que sexa necesario contar cun carné expedido pola administración competente”, concretou.

Ademais, a coordenadora do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural incidiu cas súas emendas na necesidade imprescindíbel de controlar a calidade dos alimentos resultantes: “É fundamental que, ademais de tódolos controis e precaucións previas, aqueles alimentos de orixe animal ou vexetal procedentes de chans onde se utilicen lodos de depuradora sexan sometidos a unha completa análise de residuos de metais pesados antes de proceder á súa comercialización”.

 Asemade, na liña de apostar por ferramentas propias que permitan á Comisión Europea verificar o correcto cumprimento das directivas, defendida a pasada semana durante o debate mantido na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, a eurodeputada galega reiterou a pertinencia de que a Comisión Europea dispoña das ferramentas precisas para realizar inspeccións, de xeito que conte con información propia para contrastar os datos facilitados polos Estados membro.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies