AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende unha nova estratexia forestal europea que promova o bosque autóctono e actúe contra os lumes

18 Maio, 2019 alexandre sanchez vidal, bosque autoctono, Davide Rodríguez, eleccions europeas, forestal, incendios, Lidia Senra, lumes, Ourense, ourense mellor

Lidia Senra, en Ourense con Davide Rodriguez e Jose Manuel Garcia Gonzalez

  • Ve prioritario que a UE impulse medidas para facerlle fronte ao cambio climático creando empregos de calidade, estables e sustentables no medio rural en base á agroecoloxía
  • Estivo esta mañá en Ourense, repartindo información electoral na Praza de Abastos e na feira, e amosou todo seu pesar e a súa solidariedade coa familia e amizades do compañeiro Alexandre Sánchez Vidal, hoxe falecido

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

CORTE DE AUDIO DECLARACIÓNS DE DAVIDE RODRÍGLUEZ DE HOXE  PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-Lidia-E-Davide-en-Ourense.mp4

Ourense, 18 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este sábado pola mañá en Ourense, repartindo información da campaña electoral na Praza de Abastos e na feira, acompañada polos tamén membros da candidatura europea, Davide Rodríguez e José Manuel García González, e por membros da lista municipal de Ourense Mellor.

En declaracións aos medios, Senra amosou todo o seu pesar pola morte hoxe do compañeiro Alexandre Sánchez Vidal, que foi tenente de alcalde da cidade de Ourense e que neste mandato foi a Bruxelas con ela, para participar no Encontro da Cargos Municipais do GUE/NGL. A eurodeputada amosou toda a súa solidariedade coa familia e amizades nestes momentos, nada máis enterarse da triste noticia, á súa chegada á capital das Burgas.

Na orde de propostas electorais do día, a candidata defendeu unha nova estratexia forestal europea para promover o bosque autóctono e a biodiversidade, o silvopastoreo e outros aproveitamentos do monte, e acabar co monocultivo do eucalipto na Galiza.

A eurodeputada considerou que é prioritario acutar contra os incendios forestais e ligou os lumes co cambio climático. “Un dos efectos do cambio climático é a desestacionalización e o aumento dos lumes, unha realidade que na Galiza se palpa, ve e contrasta cada vez máis”, dixo. Por iso defendeu actuar en dous niveis: Por un lado, o desenvolvemento da agricultura labrega, en base á agroecoloxía, que permita instalar labregas e labregos en todo o territorio, producindo alimentos e coidando o medio. Por outro lado, avogou por establecer un servizo cen por cen público para a prevención e extinción de incendios, que acabe coa precariedade laboral e coa privatización do servizo e que se manteña activo todo o ano.

“A loita contra o cambio climático dase creando empregos de calidade, estables e sustentables no medio rural”, dixo Senra, e nese sentido propuxo un novo reparto das axudas da PAC, que estableza un primeiro tramo de axudas de 8.500 euros por persoa activa, que estableza prezos que cubran os costes e traballos de produción e que potencie os circuitos curtos de comercialización.

Senra estará esta tarde, ás 18:00 horas, no Centro cívico da Ponte, tamén en Ourense, participando nun encontro feminista xunto a Iolanda Pérez e Sandra Dacal, de Ourense Mellor.

Lidia Senra e Davide Rodriguez en Ourense Lidia Senra repartindo na praza de abastos de ourense photo5980798164078276766 photo5980798164078276769 photo5980798164078276770 photo5980798164078276771 photo5980798164078276772 photo5980798164078276773 photo5980798164078276774 photo5980798164078276775 photo5980798164078276776 photo5980798164078276777 photo5980798164078276780 photo5980798164078276782 photo5980798164078276783 photo5980798164078276784

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies