AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende que a recollida de datos non supoña novas cargas económicas e administrativas para a frota artesanal e de baixura

16 Marzo, 2017 baixura, frota artesanal, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pesca, pleno
  • Interveu no debate do pleno do Parlamento Europeo sobre o Marco da Unión para a recompilación, xestión e uso dos datos do sector da pesca 
  • A eurodeputada galega pide que os datos socioeconómicos e medioambientais sexan parte fundamental na recollida da información

 

Estrasburgo, 16 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) reclamou este xoves pola mañá, no pleno do Parlamento Europeo, que as novas normativas que está a promover a UE en materia pesqueira “non interfiran nunca no desenvolvemento normal das actividades da pesca artesanal e de baixura” e que en todo caso, “nunca se convertan nun pretexto para trasladar máis cargas económicas e administrativas para estas frotas”. Así o defendeu Senra durante o debate sobre o Marco da Unión para a recompilación, xestión e uso dos datos do sector pesqueiro, que tivo lugar a primeira hora de hoxe no hemiciclo de Estrasburgo.

A eurodeputada galega dixo compartir a idea de que é “moi importante contar con datos científicos rigorosos e de calidade para unha boa xestión das pescas”, pero defendeu que o novo Marco non vaia en detrimento da actividade da frota artesanal e de baixura. Así, pediu que a recollida e xestión dos datos “teña en conta as especificidades da frota artesanal” e que “os datos socioeconómicos e medioambientais se tornen nunha parte fundamental da información recollida”.

Lídia Senra reclamou que á hora de recoller os datos socioeconómicos se teña en conta e “se visibilice o papel e a situación das mulleres nas pescas: Mariñeiras, redeiras, mariscadoras e outras mulleres que traballan neste ámbito”. Do mesmo xeito, tildou de “necesario” que os umbrais baixo os cales non sexa necesaria a recollida de certos datos ou as campañas científicas a bordo se definan tamén atendendo ao tipo de frota e aos seu impacto nos recursos, tendo en conta, por exemplo, “que a pesca artesanal e local é máis sostible e que xeralmente usa artes de pesca máis selectivas que os grandes buques industriais”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies