AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende o feminismo como imprescindible para poder avanzar na UE e en todos os ámbitos

14 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, feminismo, Lidia Senra, marea pontevedra, mulleres, peque gonzalez, tareixa ledo, teresa casal

As 4 participantes como relatoras_2592x1460

  • A eurodeputada participou este martes pola tarde nunha Conversa de Mulleres na Casa da Luz de Pontevedra, xunto ás compañeiras Tareixa Ledo, Peque González e Teresa Casal
  • Critica que o PP non aplique a tolerancia cero coa violencia machista ao, por exemplo, incluír na lista electoral municipal de Curtis a un home condenado por maltrato

Pontevedra, 14 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, participou este martes pola tarde nunha Conversa de Mulleres organizada por Marea Pontevedra, xunto a Peque González, Tareixa Ledo e Teresa Casal.

Senra defendeu o feminismo como imprescindible para poder avanzar en todos os ámbitos, tamén por suposto na UE. Neste sentido, comprometeuse a seguir traballando para que as mulleres participen en pé de igualdade sempre e para rematar coa fenda salarial, coa fenda de xénero e coa violencia machista. Así, reclamou tolerancia certo cos maltratadores, tamén nas institucións e nas organizacións políticas e sociais e tachou de intolerable que o PP non actúe desta maneira, ao incluír, por exemplo, na lista electoral municipal de Curtis, a un home condenado por violencia machista.

Senra defendeu que a UE debe estar ao servizo das persoas e dos pobos, e que os dereitos humanos sempre deben estar por riba dos intereses do capital e chamou a poñer a vida no centro. Tamén defendeu como prioritaria a necesidade dunha maior formación en xénero para todas as persoas encargadas de aplicar a lexislación na materia.

Xeral con publico_2592x1460 Xeral con publico II_2592x1460 Peque Gonzalez, Lidia Senra, Teresa Casal e Luis Rey, ao comezo da conversa Lidia Senra, no evento_2592x1460 Lidia Senra e Tareixo Ledo_2592x1460 Lidia Senra con Teresa Casal_2592x1460

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies