AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende no PE a apertura dunha comisión de investigación sobre os riscos das próteses mamarias

11 Abril, 2019
  • Interveu na Comisión de Peticións do PE para apoiar as denuncias de mulleres afectadas polo escándalo das próteses PIP e doutros tipos
  • O PE alertou nun informe que cada ano milleiros de mulleres son expostas aos riscos dos implantes sen seren correctamente informadas

 Bruxelas, 11 de Abril de 2019. A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo debateu hoxe tres solicitudes sobre próteses mamarias e os seus efectos na saúde das mulleres [Vídeo da sesión], destacando o escándalo da fraude das próteses PIP, que deu lugar á  PIP Action Campaign. As peticionarias denunciaron que as institucións europeas non teñen investigado os riscos para a saúde asociados aos implantes de mama máis aló do escándalo concreto das próteses PIP. Queixáronse da falta de información dispoñíbel con respecto a los riscos para a saúde, demandando que as personas que van ser sometidas a unha intervención quirúrxica para implantarse prótesis mamarias dispoñan de información científica abondo para tomar una decisión informada. As mulleres afectadas explicaron tamén hoxe no Parlamento Europeo que as compañías aseguradoras están tentando eludir a cobertura das consecuencias médicas da aplicación deste tipo de próteses.

Logo de insistir en que este é un problema que transcende os implantes PIP advertindo de que outros tipos de implantes tamén están provocando problemas na saúde doutras moitas mulleres, as peticionarias solicitaron ao Parlamento Europeo a creación dunha comisión de investigación sobre os riscos para a saúde asociados ás próteses mamarias, así como o recoñecemento oficial dunha serie de afeccións na saúde vinculados a este tipo de implantes (cancros, reaccións autoinmunes, afección de disruptores endocrinos nas mulleres e no proceso de xestación e lactancia, depresión…).

En representación do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra tomou a palabra para expresar o seu apoio ás peticionarias e mulleres afectadas e insistiu na importancia do consentimento informado “así como o dereito a toda a información relativa a riscos, trazabilidade das próteses mamarias e alternativas dispoñíbeis”. Na liña das demandas concretas postas sobre a mesa polas mulleres afectadas, a eurodeputada galega insistiu tamén en que as enfermidades derivadas dos implantes mamarios “teñen que ser valoradas e recoñecidas por equipos médicos multidisciplinarios, garantido o seguimento das mulleres enfermas e unha cobertura médica gratuíta”.

Senra lembrou tamén que a iniciativa do GUE/NGL a Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, o Parlamento Europeo aprobou en sesión plenaria en febreiro deste mesmo ano unha resolución  sobre os Desafíos políticos e estratexias contra os tipos de cancro que afectan ás mulleres e ás súas  comorbilidades. Este informe fai mención específica ás peticións presentadas hoxe e recolle expresamente no seu quinto considerando que cada ano milleiros de mulleres reciben próteses mamarias por cuestións médicas e/ou estéticas sen que se teñan tido en conta os riscos nin proporcionado información axeitada. Subliña tamén a necesidade de extender as investigacións máis aló das implantes PIP e alerta de que actualmente os fabricantes de implantes mamarios non PIP non están a proporcionar a debida información sobre a composición e efectos adversos do xel de silicona empregado pola industria farmacéutica. Advirte asemade que a taxa de rotura e os riscos invasivos da silicona en todo o corpo constitúen un problema real e que os fabricantes non poden garantir unha prótese cohesiva ao 100 %. Enfatiza tamén que varios informes teñen establecido un vínculo directo entre o uso de implantes de silicona e o linfoma anaplásico de grandes células, un tipo pouco frecuente de linfoma no Hodgkin que ten provocado, como mínimo, 14 mortes entre os máis de 409 casos rexistrados.

“A través da aprobación deste texto o PE acordou tamén que pedir con carácter de urxencia unha avaliación en profundidade dos riscos asociados a estes implantes , tendo en conta en particular os casos de cancro e de linfoma anaplástico de células grandes en mulleres. As mulleres somos moito máis que estatísticas, que máis ten que pasar para que se tomen en serio os problemas que afectan a saúde das mulleres? Que valor teñen as nosas vidas?”, criticou Senra. “Esta petición ten que ficar aberta e o Parlamento ten que pór en marcha con carácter prioritario unha comisión de investigación que analice o impacto dos implantes de silicona na saúde das mulleres nada máis comece a vindeira lexislatura”.

 Ambas solicitudes, concordantes co solicitado polas peticionarias, foron aceptadas pola Comisión de Peticións.

 

Senra_peticionarias_ImplantesPIP
Lídia Senra acompañada polas peticionarias logo de confirmarse que a petición seguirá aberta.
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies