AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende en Irlanda que o dereito dos pobos a decidir debe ser respectado no proceso do Brexit

1 Abril, 2017 Brexit, Irlanda, Lidia Senra, Sinn Féin, UE
  • A eurodeputada galega coñeceu de primeira man as reivindicacións do pobo irlandés ante o inicio das negociacións para a saída do Reino Unido da UE 
  • Durante dous días reuniuse con representantes políticos e colectivos sociais e asistiu a un evento para pedir un estatus especial para o Norte de Irlanda coa UE

  Na Asemblea do Norte de Irlanda 2_2080x1560 

Bruxelas, 1 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), desprazouse a Irlanda o xoves e o venres desta semana xunto a outros eurodeputados e eurodeputadas para participar na campaña do Sinn Féin en defensa do dereito a decidir do pobo irlandés no proceso de negociación para a saída do Reino Unido da UE, logo de que o pasado mércores o goberno británico iniciara o procedemento para o Brexit. Durante dos días, Lídia Senra puido coñecer de primeira man as preocupacións e esixencias do pobo irlandés, que votou pola permanencia na UE, igual que Escocia, e que rexeita a imposición dunha fronteira entre o norte e o sur do país que vulnere os Acordos de Venres Santo sobre os que se asentou o proceso de paz aínda en curso.

“É hora de que Bruxelas e os Estados membros implicados asuman o dereito a decidir dos pobos e a decisión que tomaron co seu voto Irlanda e Escoia. A vontade expresada por estes pobos debe ser respectada, igual que a dos que apoiaron a saída da UE”,defendeu a eurodeputada galega durante a reunión pública organizada en Dundalk o xoves pola noite para rexeitar a imposición dunha fronteira que limite a liberdade de movemento entre o norte e o sur do país como consecuencia do Brexit.

Deste xeito, Senra quixo prestar o seu apoio ás reivindicacións do polo irlandés dun estatus especial para o Norte de Irlanda cando o Reino Unido abandone a UE, xa que toda decisión que non garanta na súa totalidade o cumprimento dos Acordos de Venres Santo suporía un duro golpe á consolidación da paz. Esta foi a mensaxe que trasladaron aos eurodeputados e eurodeputadas colectivos como West Belfast, un partenariado de proxectos para a rexeneración da convivencia e do benestar da cidade que traballa directamente con vítimas do conflito, antigos presos políticos e coas novas xeracións en risco de exclusión pola falta de emprego e a precariedade.

“Defendemos o dereito a decidir e defendemos tamén a fin das políticas neoliberais que están na base do rexeitamento da UE por parte da cidadanía. Necesitamos outra Europa que se construa sobre a base do dereito a decidir dos pobos e que poña os dereitos humanos por diante dos intereses do capital”, apuntou tamén a eurodeputada.

O encontro con membros da Asemblea do Norte de Irlanda, situada en Stormont, nos arredores de Belfast, puxo punto final á visita. Esta próxima semana debaterase e votarase no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, a resolución da Eurocámara coas directrices para a futura negociación do Bréxit. “Este texto fixará as prioridades da Eurocámara na negociación, e entre elas debe estar o cumprimento da vontade expresada polo pobo irlandés mediante o seu voto no referendo de 2016 e o respecto ao dereito a decidir”, recalcou Senra.

hdr

Reunión co partenariado West Belfast en Belfast_2080x1560

Na Asemblea do Norte de Irlanda 1_2080x1560

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies