AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra dá conta á UE do proxecto de vertido ao río Enviande por parte de Lácteos Casa Macán SL

20 Xaneiro, 2017 AGEe, Antom Fente, Chantada, GUE/NGL, impacto ambiental, Lidia Senra, Olga Otero, Paula Verao, río Enviande, Taboada, vertido
  • Alerta de que a queixería fornecedora de Mercadona podería danar zonas naturais protexidas e tamén a auga de granxas e traídas veciñais 
  • A eurodeputada galega pregunta se unha obra así non debería contar cun informe de impacto ambiental para poder levarse a cabo

 20170120_124333_2656x1494

Chantada, 20 xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou hoxe pola mañá unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea (CE) dando conta do proxecto da empresa Lácteos Casa Macán SL, fornecedora dunha grande cadea de hipermercados como é Mercadona, e ubicada no concello de Taboada (Lugo), de instalar un novo punto de vertido das súas augas residuais no Enviande, río afluente do Miño que nace na Serra do Faro, catalogada dentro da Rede Natura 2000, e que desemboca no conxunto histórico de Castro Candaz ubicado dentro do encoro de Belesar. Así o anunciou a propia Senra nunha rolda de prensa ofrecida este venres en Chantada, e na que estivo acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Verao; polo concelleiro de Por Chantada – CUP Antom Fente; e pola membro da Asociación Veciñal Torre de Arcos Olga Otero, que tamén deron conta das respectivas iniciativas sobre este mesmo tema presentadas na Cámara galega e no Consistorio Municipal.

A europarlamentaria galega alerta á CE no seu escrito de que a citada queixería ten sido condenada xudicialmente en ocasións anteriores por vertidos a diferentes ríos que acabaron coa vida de animais e tamén de árbores. Tamén informa de que existe unha Comunidade de Regantes que se abastece na zona e de que granxas, explotacións gandeiras e mesmo traídas veciñais poden verse afectadas pola posible contaminación futura das augas do río. Ademais, Lídia Senra fai fincapé no feito de que o río afectado é coñecido pola súa calidade piscícola e incluso ten un gran potencial para a pesca deportiva.

Por todos estes motivos, a europarlamentaria pregúntalle á CE se pensa que dita empresa pode compaxinar a súa actividade e este novo vertido ao río co respecto as áreas protexidas pola Directiva de Hábitats. Máis alá, Lídia Senra pregúntalle ao organismo comunitario se, de acordo coa Directiva 2011/92/UE, debería unha obra tal realizar un informe de impacto ambiental e que requisitos tería que cumprir un proxecto tan agresivo e contaminante para obter unha valoración positiva.

E é que, tal e como denunciou o concelleiro Antom Fente, Por Chantada-CUP e a AAVV Torre de Arcos levan tempo denunciando que no expediente do vertido non consta informe de impacto ambiental. Ante tal situación, a deputada Paula Verao ven de redactar tamén unha Proposición Non de Lei para o seu debate en pleno e Comisión do Parlamento Galego, na que propón instar á Xunta a que esixa o sometemento do proxecto a estudo de impacto ambiental e que xunto ao proxecto se someta a trámite de avaliación ambiental. Tamén reclama que en dito estudo se contemplen, tal como esixe a lexislación de impacto ambiental vixente, as distintas alternativas posibles e que se informe cumpridamente por parte dos organismos públicos á cidadanía dos concellos de Chantada e Taboada, alentando o coñecemento e, en consecuencia, a capacidade de alegar o que estimen conveniente. A deputada de En Marea tamén redactou unha pregunta, para resposta oral no pleno e na Comisión do Parlamento Galego igualmente, na que lle reclama á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que explique se vai esixir o sometemento do proxecto de vertido ao río Enviande a estudo de impacto ambiental e que nel se contemplen as alternativas posibles, informando cumpridamente á cidadanía.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies