AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

É unha farsa que Erimsa compita e quede finalista nun premio medioambiental

23 Novembro, 2016 AGEe, cuarzo, Erimsa, GUE/NGL, Lidia Senra, minaría
  • Lídia Senra lembra a loita da comarca da Terra Chá contra os proxectos de extracción de cuarzo da mineira norueguesa 
  • A eurodeputada recalca que a actividade mineira na Galiza ameaza explotacións agrarias e contribúe ao acaparamento de terras para fins privados

erimsa

Bruxelas, 23 de novembro de 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), pregúntase como a empresa Erimsa, dedicada á extracción de cuarzo en diversos puntos do país e impulsora dun proxecto mineiro que atopou unha gran contestación na Terra Chá ata que foi paralizado pola xustiza en 2013, puido ser candidata e quedar de finalista nos Premios Europeos de Desenvolvemento Sostible que se entregaron en Bruxelas esta semana. A eurodeputada amosa a súa incredulidade ante o feito de que este tipo de empresas podan optar a recoñecementos destas características cando as súas prácticas na Galiza comprometen gravemente o futuro da actividade gandeira e agraria e contribúen ao acaparamento de terras por parte de intereses privados.

A eurodeputada de AGEe recibiu deste xeito a noticia de que a mineira, cuxos proxectos nos municipios de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza desataron un importante rexeitamento, estivo nominada, entre 41 candidatas de toda Europa, “polas súas boas prácticas medioambientais” na súa concesión de Vilalba ao UEPG Sustainable Awards, un galardón outorgado pola Asociación Europea de Produtores de Áridos (UEPG), a patronal das empresas do sector.

Segundo os datos aportados pola súa páxina web deste colectivo, a Asociación Europea de Produtores de Áridos opera dende 1987 para promover os intereses do sector e aspira con estes premios a recoñecer o compromiso co coidado do medio ambiente promocionando boas prácticas e apoiando proxectos “que van máis aló do requirido por planificadores e reguladores, establecen novos estándares de excelencia e crean novas inspiracións que outros poden seguir”, unha descrición e obxectivos que en nada se axustan á actividade de Erimsa en Galiza.

Non é esta, con todo, a primeira vez que a actividade de Erimsa recibe un “recoñecemento” polas súas “boas prácticas medioambientais”. O ano pasado Erimsa recibiu o “premio nacional de desenvolvemento sostible en canteiras e graveiras”, outorgado pola Federación Española de Áridos, na categoría de boas prácticas medioambientais na súa concesión en Vilalba , un galardón que ocupa un lugar destacado na páxina web da empresa.

A eurodeputada considera que “é totalmente lamentábel que estas empresas intenten lavarse a cara ante a sociedade establecendo premios para si mesmas e, dende logo, deixa moi mal paradas ás admnistracións se é verdadeque estas empresas van máis aló nas súas prácticas do requerido legalmente en materia ambiental.”

Ademais, Senra recordoulle á Xunta “que debe tomar nota e aproveitar para paralizar todas as desfeitas ambientais e a contaminación que se está dando na actualidade, como no caso da mina de San Finx, en Lousame, que en 2015 reiniciou a súa actividade sen contar cun estudo de impacto ambiental que esixe a lexislación europea”.  O proxecto, vinculado a  Sacyr, prevé a acumulación de 770.000 toneladas de residuos, a maioría deles industriais, e declina calquera responsabilidade sobre ao risco potencial destes materiais sobre o medioambiente. A eurodeputada galega levou xa en varias ocasións estas prácticas ante a UE a través de preguntasdirixidas á Comisión Europea, posto que afectan ás directivas de xestión de residuos e de avaliación ambiental.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies