AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra considera que o Goberno tería que aceptar a realidade plurinacional do Estado

8 Setembro, 2017 dereito dos pobos, franquismo, GUE/NGL, Lidia Senra, Ordes, plurinacionalidade, Soldado Lois, xura de bandeira española
  • Ve con preocupación as xuras de bandeira española para civís e a insistencia das Subdelegacións do Goberno para que se participe nelas 
  • Tacha de inaceptable a actitude do Concello de Ordes organizando unha homenaxe ao Soldado Lois, declarado “heroe” do franquismo

 20604195_158117724753254_1849423702896780167_n

Santiago, 8 de setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), critica os actos de exaltación do patriotismo español que está a impulsar o Goberno estatal na Galiza, en colaboración con institucións públicas, cun claro carácter anacrónico e que lembran a épocas máis propias do franquismo que da democracia. “Acepten dunha vez a realidade plurinacional do Estado e o dereito a decidir de cada unha das nacións que conforman esta realidade”, reclama Senra, para quen a proliferación de xuras  de bandeira española para civís que se están a dar no noso país nos últimos tempos non é máis que outro intento desesperado por exacerbar o nacionalismo español para agochar a crecente reivindicación do dereito dos pobos a decidir que se está a dar co procés de Catalunya.

Senra fai esta valoración na antesala de que teña lugar, por exemplo, unha xura de bandeira española para civís na praza de María Pita, na Coruña, organizada polo Exército, que se levará a cabo este sábado; e outra xura de bandeira española para civís organizada tamén polo Exército en colaboración co Concello o domingo coincidindo coa homenaxe anual ao Soldado Lois, na vila de Ordes. Marín e Ferrol xa acolleron actos semellantes nos últimos meses e para decembro está previsto que teña lugar tamén un en Pontevedra.

A parlamentaria dá conta de que tamén nos están chegando noticias de que as Subdelegacións do Goberno están a insistirlle aos responsables das diferentes institucións públicas, organismos, asociacións e sectores sociais de cada lugar para que participen das xuras de bandeira ao longo de todo o territorio, o cal considera que non é de recibo e que lembra a épocas que deberían estar totalmente superadas. 

Concretamente no caso de Ordes, a parlamentaria galega ve ademais un claro exemplo de exaltación do franquismo que non se debería tolerar. O Concello conmemorará o oitenta aniversario da morte do ordense Manuel Lois García (o Soldado Lois) no cruceiro Baleares -cruceiro da Mariña Española que formou parte da Armada franquista durante a Guerra Civil-. E ademais de facer a tradicional ofrenda floral e unha misa, como todos os anos, organiza desta vez unha xura de bandeira española para civís. En efecto, o propio Concello encargouse de facer publicidade do evento e de repartir as instancias que deben cubrir as persoas que quixeran facer o xuramento de bandeira. O evento terá lugar onde está o monumento ao Soldado Lois e ao Cruceiro Baleares, na Alameda de Ordes, na Avenida que aínda a día de hoxe leva o nome de Alfonso Senra, quen fora membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas durante a Ditadura. “Como a día de hoxe se poden seguir tolerando actos deste tipo, impulsados polas autoridades públicas?”, preguntouse Lídia Senra, que lembrou que mentres isto se permite, no mesmo concello, en Ordes, e precisamente no cemiterio onde se instalou un mausoleo ao Soldado Lois, hai unha fosa común onde eran fusilados os defensores da democracia que aínda non foi investigada. 

Senra, que está ademais á espera de que a Comisión Europea se pronuncie sobre a denuncia cursada por ela a finais de agosto referida á exaltación do franquismo que leva a cabo a Fundación Francisco Franco no Pazo de Meirás, pide a todos os sectores sociais que reflexionen sobre estas situacións. Todos os Estados deben cumprir a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE e a Decisión Marco 2008/913/JAI contra o racismo e a xenofobia. Sen embargo, parece obvio que no Estado español, levándose a cabo prácticas de exaltación do franquismo como as mencionadas, conservando aínda rúas e monumentos dedicados a franquistas e poñendo trabas para que as familias poidan recuperar aos seus mortos, máis que avanzar no respecto, estase a facer todo o contrario.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies