AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra condena a “agresividade” do Goberno do Estado español contra o dereito dos pobos a decidir

7 Setembro, 2017
  • A eurodeputada galega manifesta o seu “apoio total” ao camiño iniciado onte polo Parlament de Catalunya cara o referendo do 1 de Outubro
  • Senra lembra que o dereito á autodeterminación está recollido nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos das Nacións Unidas

Bruxelas, 07 de Setembro de 2017. Lídia Senra condenou hoxe “a agresividade ca que o Goberno do Estado español está a tentar intimidar o exercicio de democracia activado onte polo Parlament” a través da aprobación da convocatoria do referendo de autodeterminación de Catalunya.

A eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), lembrou que “o dereito dos pobos a decidir sobre as súas propias formas de goberno e o seu desenvolvemento económico, social e cultural, sen inxerencias externas e de acordo ao principio de igualdade, está recollido nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos da Asemblea Xeral das Nacións Unidas”, polo que resulta totalmente improcedente “a perrencha españolista que está a ter o Partido Popular”. Inda por riba, subliñou Senra, esta rabecha conta co agravante de que “froito da frustración que lle supón non ser capaz de intimidar ao pobo catalán, o Partido Popular está a instrumentalizar institucións do Estado, como o Tribunal Constitucional, para ameazar co cárcere a representantes políticas/os que simplemente asinaron un papel que habilita o dereito a consultar a un pobo sobre o seu futuro”.

Mención a parte merece ademais para a eurodeputada galega a linguaxe empregada dende o Partido Popular para describir as decisións aprobadas democraticamente polo Parlament. “Desafío”, “acto de forza”, “matar a democracia”, “patada á democracia”, “estafa á democracia” e a longa lista de “cualificativos belixerantes empregados polo PP para crispar o contexto no que unha institución democraticamente elixida está a actuar conforme ás súas competencias para darlle voz ao pobo catalán”, constitúe unha linguaxe “totalmente intolerábel” para referirse a “un pobo que aposta por poñer en marcha os instrumentos para decidir sobre o seu futuro”. O xeito no que se está a expresar o Partido Popular dende a súa posición como Goberno do Estado “fede a unha predisposición á violencia política realmente preocupante e constitúe todo un ataque á democracia”, advertiu.

Fronte a un poder Executivo empeñado en retorcer as liberdades civís até extremos ridículos, chegando mesmo a atacar o dereito a expresarse a través das furnas ao tempo que argumentan por riba de todo o respecto á democracia, a eurodeputada galega Lídia Senra reiterou hoxe dende Bruxelas o seu “apoio total ao exemplo de democracia e dignidade como pobo que está a dar Catalunya”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies