AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Co acordo da COOP21 os gobernos fracasaron, as multinacionais gañaron e o planeta perdeu”

16 Decembro, 2015 agricultura industrial, bonos de carbono, cambio climático, coop21, mercantilización da natureza, quecemento global, refuxiadas climáticas

Durante a realización da actual sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo, as conclusións do Cumio Mundial do Clima celebrado en París entre o 30 de novembro e o 11 de decembro -Coop21[1]– están a ser obxecto de valoración por parte da Eurocámara.

Para a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, o acordo acadado “segue sen dar respostas ao cambio climático”. Efectivamente, custa confiar nun compromiso de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro que non é vinculante para os Estados. “É un acordo egoísta”, abondou, xa que sitúa unha vez máis os intereses da gran industria e das potencias occidentais por riba dos dereitos das persoas e dos pobos e, en particular, dos pobos costeiros do Sur, xa que “algúns nos pequenos países do Pacífico xa están tendo que ser realoxados porque a subida das augas xa levou o seu territorio”, lembrou a eurodeputada galega en alusión ás refuxiadas/os climáticos.

O texto aprobado “segue apostando pola mercantilización do clima”, analiza Senra, xa que mantén instrumentos de capitalización de recursos naturais fondamente criticados como, por exemplo, o mercado de bonos de carbono, “que permite que quen ten diñeiro pague para seguir emitindo gases de efecto invernadoiro”.

Aliás, este acordo elude asumir a clara necesidade dunha transformación total dos modelos de consumo, desenvolvemento, industrialización da agricultura e modelo de comercio mundial que están impulsando, é dicir, un conxunto de modelos “despilfarradores de enerxía e de recursos”.

Este pacto é, polo tanto, un consenso internacional “para continuar coa especulación financieira sobre a Natureza, coa industrialización da agricultura, co acaparamento dos recursos naturais e os acordos de libre comercio”, eixos que fan circular cada día toneladas de alimentos e mercadorías, provocando que o actual sistema alimentario industrial a nivel mundial sexa o responsábel do 50% de tódalas emisións de gases de invernadoiro malia a ser un sistema “innecesario” perfectamente prescindíbel, xa que estes produtos “poden conseguirse en circuítos curtos”, reiterou a eurodeputada galega.

Polo tanto, á vista dos resultados da COOP21, “os gobernos fracasaron, as multinacionais gañaron e o planeta perdeu”, valorou Lídia Senra, “pero os pobos seguirán adiante coas súas loitas até conseguir outro desenvolvemento, baseado no consumo responsábel, nas enerxías renovábeis, na soberanía alimentaria, nos circuítos curtos de comercialización, na relocalización da produción, na mobilidade sustentábel e na desinversión en combustíbeis fósiles”.

 

[1] 21ª Conferencia das Partes (COP) da Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies