AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a reflexionar sobre a insostibilidade de fomentar a concentración da poboación nas cidades

10 Febreiro, 2017 A Coruña, Brexit, ciudades atlánticas, Comité das Rexións, GUE/NGL, Lidia Senra
  • A eurodeputada participou este venres na xornada sobre ‘Desafíos das cidades atlánticas na víspera do Brexit’ organizada por CCAA na Coruña
  • A europarlamentaria defende que darlle as costas e danar o medio rural non é compatible con desenvolvemento sostible urbano

 ccaa na corunha con lidia senra_2656x1494

A Coruña, 10 de febreiro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) participou este venres pola mañá nas xornadas “Desafíos das cidades atlánticas na víspera do Brexit”, organizada na Coruña polo Concello herculino e a Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (CCAA) e patrocinada polo Comité Europeo das Rexións.

Senra interveu na mesa que levaba por título “Desenvolvemento urbano sostible: renovación de zonas urbanas e innovación” e animou a todas as persoas presentes a preguntarse, sempre que se fala de desenvolvemento urbano sostible, se realmente é posible falar de desenvolvemento urbano sustentable nunha perspectiva de que no ano 2050 o 70% da poboación mundial vai vivir en cidades. “Iso é sostible? É sostible que concentremos a poboación mundial nas cidades e que non fagamos nada para evitalo?”, lanzou a eurodeputada. Neste sentido, Senra chamou a reflexionar sobre a insostibilidade de vivir fomentando a concentración da poboación nas cidades en detrimento das zonas rurais.

Senra preguntouse como imos abordar como cidadás todos os problemas ligados á desertización dunha grande parte do territorio mundial ou á perda de biodiversidade, os problemas na calidade da auga ou no aire, con esta tendencia á concentración masiva de persoas nas cidades. Neste sentido, e centrada na Galiza, a europarlamentaria puxo sobre a mesa os datos publicados a principios do 2016, que revelan que o 70% da poboación galega estaba concentrada en 86 dos 313 municipios que hai no noso pais.

Indo máis alá, Lídia Senra afondou en que a perda de poboación da Galiza non para simplemente no desprazamento dos e das habitantes do rural cara ás zonas urbanas. Desde o inicio da crise económica, no ano 2000, en 15 anos, os dous terzos dos empregos perdéronse no sector primario no medio rural. A partir do 2008, Galiza non perde xa só poboación no rural. Máis de 150.000 persoas tiveron que emigrar de Galiza porque non atopan emprego desde que comezou a crise, moitas destas persoas novas, e moitas con estudios universitarios. “Iso lévame tamén a pensar se é posible seguir falando de desenvolvemento das cidades sen cuestionarse a concepción neoliberal da actual UE, que destrúe os nosos sectores produtivos e as nosas industrias, con políticas de austeridade e obxectivo de déficit que levan ao desmantelamento dos servizos públicos, o que nos está afectando moi fortemente no día a día”, dixo.

A deputada no Parlamento Europeo recoñeceu os esforzos que se están facendo desde os concellos para mellorar aspectos medioambientais como a calidade do aire, ou diminuír o tráfico, pero pregúntouse se isto non é máis que tratar o síntoma dunha enfermidade moito máis profunda que, ao mesmo tempo, leva os residuos que producen as cidades a macrovertedoiros no rural, como é o de Sogama en Cerceda ou o proxecto de novo macrovertedoiro para Lousame.

“Gustaríame tamén que reflexionemos sobre como temos as nosas rías, que están totalmente contaminadas. O Estado español foi sancionado en máis dunha ocasión polas deficiencias de saneamento, o que conleva á contaminación das rías e ríos. Isto ten que ver co modelo de cidades e de desenvolvemento que temos igualmente”, insistiu Lídia Senra.

Para rematar, a eurodeputada chamou a reflexionar sobre de onte procede a nosa comida, potenciar a produción e os mercados locais e estar moi alertas ao tratado entre a UE e Canadá, coñecido co nome de CETA, que se someterá a votación no pleno do Parlamento Europeo da próxima semana. “O CETA tamén afectará a moito aos retos das grandes cidades”, advertiu.

“Tratemos o problema de fondo, o modelo de desenvolvemento, as políticas de austeridade e neoliberais da UE. Necesitamos unha Europa dos pobos, que respecte o dereito dos pobos a decidir e que teña en conta os dereitos da inmensa maioría da cidadanía, das clases populares”, dixo para acabar.

Na mesa tamén estiveron como relatores o tenente de alcalde de Santander, José Ignacio Quirós García-Marina, Xoán Mato, secretario xeral do Eixo Atlántico, e Filippo Compagni, como moderador.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies