AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a impulsar a Vía Nova aproveitando que o 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural

29 Abril, 2017 Ano Europeo do Patrimonio Cultural, Arnau, arqueoloxía, Bande, GUE/NGL, Lidia Senra, Lobios, patrimonio cultural, rural, Vía Nova, Xurés
  • A eurodeputada galega inaugurou este sábado pola mañá no Concello de Bande a xornada “A Vía Nova: Un camiño de Europa” 
  • Critica a falta de compromiso das institucións galegas e municipais coa protección dos recursos arqueolóxicos e coa defensa do medio rural

 Lidia Senra e Davide Perez inaugurando a xornada da Via Nova

Bande, 29 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), inaugurou este sábado pola mañá no Concello de Bande (Ourense) a xornada informativa e de debate “A Vía Nova: Un camiño de Europa”. Ante medio cento de persoas que están a participar na xornada, Senra chamou a rachar coas “actuais políticas de abandono e desleixo por parte da Xunta e da maioría dos concellos galegos” e a impulsar este camiño primitivo que vai desde Braga a Astorga, pasando pola provincia de Ourense, aproveitando que o 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

A parlamentaria criticou o “desinterese” que amosan as institucións públicas pola Vía Nova e relacionou este feito coa situación que atravesa a día de hoxe todo o rural. “Este abandono do noso patrimonio cultural está moi ligado ao abandono do noso medio rural. Parece que aos poderes públicos non lles importa nada nin unha cousa nin a outra. De feito, vemos a diario políticas que pensan cada vez máis en manter as grandes industrias e promover o avance do capitalismo, fronte á defensa do pobo e do rural, que é polo que se debería apostar, xa que ademais de manter vivas estas zonas, contribúe a conservar o patrimonio”.

Senra explicou, durante a súa intervención, que o xoves desta semana aprobouse no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, proclamar o 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural e fixo unha chamada ás autoridades galegas “para que se poñan as pilas e aproveiten, se é que até o de agora estiveron durmindo, a oportunidade que vai blindar este feito”. “Que aproveiten o financiamento co que estará dotado o Ano Europeo do Patrimonio Cultural -8 millóns de euros-. A promoción e conservación da Vía Nova debe formar parte das actividades deste Ano Europeo”, defendeu.

Así mesmo, a eurodeputada comprometeuse a “facer todo o que teña nas miñas mans” para que o Parlamento Europeo e a Comisión Europea coñezan a realidade da Vía Nova. “Analizaremos a situación e apoiaremos todos os esforzos que están a facer diferentes asociacións para visibilizar a Vía e que se coñeza”, dixo.

Pola súa banda, Davide Pérez López, arqueólogo e vogal de Cultura da Asociación de Montaña Arnau, que colaborou na organización desta xornada, cualificou a Vía Nova como “un tesouro” e reclamou un “futuro viable” para este camiño. Pérez defendeu que potenciar a Vía Nova significaría tamén dinamizar toda a comarca da Baixa Limia e toda a provincia e reclamou que se acondicione axeitadamente todo o camiño, con paradas e albergues ao longo de todos os lugares polos que pasa a Vía, desde Portugal, até a Baixa Limia, Celanova, Alto Arnoia, Terras de Caldelas, Montaña de Trives, Valdeorras e o Bierzo. 

A xornada, de acceso aberto e sen necesidade de inscrición previa para todos os públicos, prolongarase durante todo o sábado. Ao longo de diferentes mesas estase a reflexionar sobre a quen lle interesa a falta de posta en valor da Vía Nova e tamén se aborda reclamar que a Vía Nova sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Para iso, cómpre unha maior visibilización e protección e recuperación.

Nas exposicións da mañá están a intervir relatores como Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo de Valdeorras, pertencente ao Grupo Arqueolóxico Larouco; Manuel García Valdeiras, arqueólogo profesional da Limia; Manuel Rivero Pérez, antropólogo e voluntario social; Marta Delgado González, responsable de Mira Xurés; Toño Monteiro, escultor e membro da Asociación Medioambiental Xuresianos-Geresianos AXUGE; e Xavier Perdiz, presidente da Asociación de Montaña Arnau, entre outros.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, comezará un percorrido a pé pola Vía Nova. O punto de quedada para o inicio do roteiro será nos Miliarios Romanos da Ponte Nova, na serra do Xurés. O traxecto a pé comprenderá ao redor de 3 quilómetros, con diferentes paradas explicativas ao longo do camiño.

Primeira mesa da xornada sobre a Via Nova

LIdia Senra e Davide Perez inaugurando a xornada da Via Nova II

Inauguracion da xornada sobre a Via Nova en Bande

Davide Perez, Santi Ferrer, Garcia Valdeiras e Manuel Rivero, na primeira mesa da xornada sobre a Via Nova

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies