AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a facilitar o acceso das PEMEs aos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos

13 Setembro, 2016 AGEe, fondos truturais e de investimento da UE, GUE/NGL, Lidia Senra, PEMEs, pequenas e medianas empresas
  • A eurodeputada de AGE tomou a palabra no pleno do Parlamento, en Estrasburgo hoxe, para reclamar a fin das políticas de austeridade 
  • Advirte de que a Unión de Mercado de Capitais, lonxe de ser solución para as pequenas e medianas empresas, provocará novas dificultades  

lidia-senra-intervindo-no-pleno-do-parlamento-europeo-este-martes-130916

Santiago, 13 setembro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra hoxe no pleno do Parlamento Europeo, que se está a celebrar en Estrasburgo, para explicar a súa posición ao respecto do debate e votación sobre a aplicación do obxectivo temático “Mellora da competitividade das PEMEs” (pequenas e medianas empresas). Senra avaliou como positivo que o citado relatorio abordado sinale a austeridade como unha das causas do enfraquecimento das PEMEs e insistiu na necesidade de facilitar o acceso destas empresas aos Fondos Estruturais e de Investimento da Unión Europea (UE).

Nunha intervención na que comezou destacando que as PEMEs xeran o 71% do emprego da UE, a eurodeputada galega considerou “fundamental” que se melloren as medidas de apoio a estas. En liña co traballo que ven desenvolvendo, Senra amosou unha vez máis o seu rexeitamento á ameaza da Comisión Europea (CE) de conxelar estes fondos ao Estado español e a Portugal. Ademais de considerar “intolerable” que se utilicen os fondos públicos como unha “chantaxe aos pobos”, Lídia Senra advertiu de que “tanto os axustes para evitar os conxelamento dos fondos como o conxelamento en si van xerar aínda máis dificultades ás PEMEs e polo tanto van aumentar aínda máis os grandes niveis de desemprego, pobreza, marxinalización e exclusión social que xa teñen provocado as políticas de austeridade, sobre todo nos Estados do sur de Europa”.

Na quenda de palabra, a eurodeputada galega afirmou que a Unión de Mercado de Capitais “non é a solución para as PEMEs”, senón que “podería provocar novas dificultades”. Tamén deixou claro que os acordos de libre comercio “non son unha alternativa”, xa que “colocan ás PEMEs nunha carreira pola redución dos custos de produción que reduce salarios e prezos na orixe, destrúe empregos e provoca o peche de moitas pequenas e medianas empresas precisamente”.

Lídia Senra tivo na súa intervención mención especial para as PEMEs do sector agrícola, da pesca e da acuicultura. “Entendemos que para manter estas PEMEs, que son fundamentais para garantir a soberanía e seguridade alimentaria dos nosos pobos e as economías do medio rural e das áreas costeiras, son necesarias medidas como a regulación da produción e dos mercados e unha distribución xusta dos dereitos de produción e de pesca”. “Tamén hai que garantir a prioridade da terra e do mar como fonte da nosa alimentación”, insistiu.

A representante de AGEe na Eurocámara defendeu como positivo que se inste á Comisión Europea e aos Gobernos de todos os Estados membros da UE para que apliquen estratexias específicas de apoio ás mulleres e á mocidade.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies