AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a defender a soberanía alimentaria: O dereito dos pobos a decidir as políticas agrarias

7 Febreiro, 2017 GUE/NGL, Isabel Vilalba, Lidia Senra, PAC, Parlamento Europeo, política agraria común, SLG, soberanía alimentaria
  • A eurodeputada participou hoxe no Parlamento Europeo na xornada crítica coa actual PAC, na que estivo de relatora Isabel Vilalba do SLG
  • Defende que o debate na UE debe ir cara a definir que política agraria e alimentaria é mellor e non só centrarse no reparto de axudas

 Foto Lidia Senra e Isabel Vilalba na xornada sobre Soberania Alimentaria no Parlamento Europeo

Bruxelas, 7 de febreiro de 2017. . Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reivindicou hoxe en Bruxelas a soberanía alimentaria e o dereito dos pobos a decidir as súas políticas agrarias e alimentarias, sen prácticas de dumping por parte de terceiros países.  Tamén reclamou o dereito dos labregos e labregas de cada país a producir os alimentos básicos para os seus pobos. Así o defendeu no Parlamento Europeo este martes pola mañá, na  xornada “Soberanía alimentaria dentro da nova Política Agraria Común”, organizada polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), na que participou como moderadora.

Durante o primeiro panel da xornada, titulado “Soberanía alimentaria na UE”, no que tamén interveu como relatora a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, Senra destacou a importancia de que as forzas políticas de esquerda “introduzamos no centro do debate a soberanía alimentaria e a PAC”. “Penso que a PAC ten que ir moito máis alá de reducirse, como sempre pasa, a que na Comisión só se debata sobre as axudas e sobre como se vai distribuír o diñeiro. Iso é importante, pero  primeiro hai que definir que política agraria e alimentaria queremos e despois falar de canto diñeiro precisamos para aplicala”, dixo a europarlamentaria galega. Igualmente, Lídia Senra defendeu a soberanía alimentaria como unha proposta beneficiosa non só para o campesiñado, senón para toda a sociedade.

Foto Publico na xornada sobre Soberania Alimentaria no Parlamento Europeo_1632x1224 Foto Isabel Vilalva, do SLG, intervindo na xornada de soberania alimentaria do Parlamento Europeo_1632x1224 Foto Mesa de ponentes na xornada sobre Soberania Alimentaria no Parlamento Europeo_1632x1224 Foto Mesa de ponentes da xornada sobre soberania alimentaria 2_2656x1494Pola súa banda, na súa quenda de palabra, Isabel Vilalba fixo un repaso de cifras e situacións alarmantes na actualidade. A secretaria xeral do SLG reclamou prezos xustos e ingresos dignos para as produtoras e produtores agrarios para atallar situacións de fracaso vital como se están a ver no sector lácteo, por exemplo. “Temos unha política agraria errática”, denunciou a secretaria xeral do SLG, que criticou o modelo cara ao que se está camiñando de destrución das pequenas e medianas explotacións. “En Soria está prevista unha granxa de leite de 22.000 vacas, que viría a substituír a máis de 430 granxas medianas. A onde imos ir parar?”, preguntouse Vilalba, que atacou o feito de que ás labregas e labregos pequenos“obrígannos a pensar que temos que vivir con prezos ruinosos que non nos permiten ter un medio de vida”.

A dirixente sindical galega tamén fixo mención a que cada vez son máis as persoas que teñen dificultades para acceder a unha boa alimentación de calidade e o máis grave é que cada vez a alimentación está máis relacionada con problemas graves para a saúde. “Unhas 25.000 mortes de persoas cada ano en Europa están relacionadas coa resistencia a antibióticos, relacionada en gran medida no abuso de antibióticos que se usan na alimentación animal”, denunciou Isabel Vilalba, para engadir que “non se pode permitir que 1 de cada 3 mulleres e 1 de cada 2 homes imos ter un cancro ao longo da nosa vida e o factor fundamental é a alimentación”. Neste sentido, alertou sobre a presenza de nitratos nos ríos (41% dos acuíferos en Cataluña) e nas augas que chegan á cadea alimentaria, de restos de glifosato no sangue das persoas e atacou a presenza de transxénicos nas mesas da maior parte dos consumidores e consumidoras.

Nun marco global, Vilalba chamou tamén a ir cara a modelos de decrecemento de consumo de enerxía. “Cando falamos de soberanía alimentaria falamos do dereito humano fundamental a ter unha alimentación boa e a recuperar a democracia real para os pobos”, dixo, para concluír reivindicando o papel das mulleres na agricultura e animando a “responder ás demandas sociais de saúde, emprego e sostibilidade, nun marco axeitado para o futuro.

Pola súa banda, Geneviève Savigny, do Comité de Coordinación Europea Vía Campesina, e Joris Lohman, membro do Consello Executivo de Slow Food, defenderon que é necesario producir dunha forma máis cercana e controlada polas persoas. “Na produción alimentaria necesitamos máis democracia, non menos. Necesitamos unha resposta aos problemas concretos e dar pasos para conseguir unha política agroalimentaria que sexa máis integradora e sostible”, dixeron.

Gianni Tamino, profesor na Universidade de Padua, criticou a actual globalización, que fai que os agricultores e agricultoras perderan o control da produción e do consumo agrario fronte ás multinacionais. Igualmente, chamou a dicir non aos pesticidas e aos transxénicos e foi crítico co “engano da produtividade industrial”, xa que “estamos expropiando aos agricultores e agricultoras e pobos o control da produción dos seus alimentos”.

Eva Torremocha, experta en agroecoloxía, investigadora na Universidade Pablo de Olavide, falou do concepto de economía circular e defendeu a autonomía e eficiencia enerxética, “economía circular con xestión social”. “Con soberanía alimentaria poderemos aportar solucións ao cambio climático desde as nosas prácticas sostibles”, avogou.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies