AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra carga contra as políticas de austeridade da UE que repercuten na limitación dos orzamentos públicos

19 Maio, 2019 26 de maio, austeridade, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, Sanxenxo
  • A eurodeputada e candidata estivo hoxe en Sanxenxo, onde esixiu que as institucións europeas deixen de favorecer a privatización dos servizos básicos
  • Reclama maior vixilancia nas zonas que están incluídas en figuras de protección, como a Rede Natura, e nas que se siguen realizando actuacións daninas

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-lidia-senra-en-sanxenxo.mp4

Sanxenxo, 19 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Mareas:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, visitou este domingo Sanxenxo, acompañada pola tamén integrante da lista electoral europea, Celsa González Ogando, e polo voceiro de En Marea, Luís Villares, e a candidata de En Marea Sanxenxo á alcaldía nas eleccións municipais do tamén 26m, Mari Camiña.

O grupo enteiro visitou pola mañá os terreos que agardan pola construcción do novo colexio de Vilalonga e polo remate do centro cultural. Senra aproveitou para falar, en declaracións aos medios, de que moito do que está pasando relacionado cos recortes e co detrimento dos servizos públicos ten que ver coas políticas de austeridade dictadas pola UE, que obrigan a limitar os orzamentos públicos dos Estados e concellos, e tamén coa decisión da propia UE de favorecer a privatización dos servizos públicos. Neste sentido, reclamou que se poña fin a este tipo de políticas.

A candidata ás eleccións europeas tamén considerou totalmente inadmisible que a UE teña figuras de protección como pode ser a Rede Natura e ao mesmo tempo permita actuacións como as que se dan en Sanxenxo, que están danando esas zonas protexidas. Así, fixo mención ao paseo da Lanzada, ás plantas invasoras e a outras actuacions que están danando a contorna natural e reclamou que se poña en marcha o plan de recuperación dunar.

“Por desgraza, estas situacións non son exclusivas de Sanxenxo, xa que acontecen en moitos puntos da Galiza. Igual que fixemos nestes cinco anos, a nosa intención é seguir traballando, con toda a preocupación, para que non se acometan verdadeiras aberracións naturais nas zonas protexidas”, zanxou.

A mediodía, Senra acompañada do resto de compañeiros e compañeiras, fixo un percorrido polo centro de Sanxenxo e Portonovo, onde repartiron información da campaña electoral.

Lidia Senra con Luis Villares e Mari Caminha en Sanxenxo Lidia Senra con Luis VIllares e Mari Caminha en Sanxenxo II LIdia Senra colocando carteis en Sanxenxo

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies