AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Basta de hipocrisía! Para acabar ca pobreza poñan fin á concentración da riqueza”

14 Abril, 2016 crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos, economía rural, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, Organización Mundial do Comercio, pobreza enerxética, políticas públicas, sustentabilidade

 

 

  • O Parlamento Europeo debateu na mañá de hoxe a aplicación de medidas para paliar o empobrecemento enerxético da poboación
  • Segundo datos do ano 2013, o 16,7% da poboación da Unión Europea está en risco de pobreza e o 9,6% padece privación material grave

Estrasburgo, 14 Abril 2016. Esta mañá o Parlamento Europeo procedeu ao debate en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) do Informe sobre a consecución do obxectivo de loita contra a pobreza á luz do aumento dos gastos das familias, un intercambio de opinións que, ao estilo institucional europeo, remitía a medidas paliativas en lugar de preventivas, eludindo na maioría das intervencións a propia responsabilidade da Unión Europea (UE) no empobrecemento da poboación a través da imposición de medidas de austeridade.

Como sinala o informe tomado como base para o debate, entre o ano 2008 e o 2013 o número de persoas empobrecidas na UE incrementouse en 5,6 millóns de persoas, atopándose no ano 2013 o 16,7 % da poboación en risco de pobreza e o 9,6 %, en situación de privación material grave. Na Galiza, o 20,8% dos fogares chega con moita dificultade a fin de mes (INE 2015) e o 18% dos fogares en Galiza vense na obriga de gastar máis do 10% dos seus ingresos en pagar as facturas de enerxía[1].

 A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, sinalou que son precisamente as políticas de austeridade e as recomendacións do semestre europeo para os pobos do sur “as causantes do aumento da pobreza e da exclusión social”, constituíndo “unha forma de violencia contra as persoas e vulnerando os dereitos humanos”.

Así, dirixiuse á Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Mobilidade Laboral, Marianne Thyssen, presente no hemiciclo, recriminándolle que acuda ao pleno “a vender declaracións de intencións” para loitar contra a pobreza en Europa, mentras as políticas da Comisión “seguen provocando destrución de traballo nas empresas, na agricultura e na pesca; redución dos salarios e o aumento das e dos traballadores pobres; que a xuventude, a pesar de ter mais e mellor formación, non atope traballo e que moitas famílias segan perdendo a súa vivenda”.

Aliás, continuou, a imposición de medidas de austeridade que conlevou facer pagar á cidadanía as perdas xeradas pola especulación do sector financieiro en connivencia cos gobernos, supuxo “o empeoramento da calidade de servizos públicos como a sanidade ou o ensino”. No caso concreto da sanidade, abondou, “incluso provoca que moitas persoas non teñan acceso a ela ou ter que agardar moitísimos meses para realizar probas médicas”.

“Por iso, Comisaria, se realmente vostede e o Sr. Juncker queren loitar contra a pobreza, comecen por poñer fin á concentración da riqueza”, espetou; “non é admisíbel que só vinte persoas no Estado español acumulen unha riqueza equivalente á do 30% da poboación máis empobrecida”. “Abandonen xa as políticas de austeridade, fagan políticas a favor do emprego e poñan en marcha desde xa a Renda Básica Universal”, esixiu a eurodeputada galega.

 

 

 

[1] Entrevista a Xoán Doldán: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/comunidade-sermos/mais-455-000-persoas-galiza-poderian-estar-situacion-pobreza-enerxetica/20150119185945034175.html

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies