AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra asina declaración contra o CETA e reclámalle ao Parlamento Europeo que vote ‘Non’ a este Tratado

20 Outubro, 2016 AGEe, Canadá, CETA, GUE/NGL, Lidia Senra, Tratados de Libre Comercio, Unión Europea
  • A eurodeputada de AGe participou hoxe en Bruxelas no Cumio Cidadán sobre o CETA con representantes da sociedade, institucións e política 
  • Lamenta que a Comisión de Agricultura rexeitara, coa posición do Partido Popular e Socialista, emitir unha opinión do acordo UE-Canadá 

201016-lidia-senra-asinando-contra-o-ceta

Bruxelas, 20 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este xoves pola mañá en Bruxelas no Cumio Cidadán sobre o CETA, como se coñece o Acordo Económico e Comercial entre Canadá e a UE que os gobernos do espazo comunitario pretenden asinar o vindeiro 27 de outubro. Durante o acto, no que participaron representantes da sociedade civil, partidos políticos do Parlamento Europeo e autoridades locais e rexionais, a eurodeputada de AGEe asinou unha declaración conxunta que insta á Eurocámara e aos parlamentos dos Estados membro a votar contra este acordo. O texto recalca o risco de perda de control na regulamentación de áreas clave como a saúde e a seguridade alimentaria, o clima e o medio ambiente, o desenvolvemento local e a educación, así como os servizos e contratacións públicas.

201016-visita-aos-stands-dos-produtores-de-denominacions-de-orixe-que-van-quedar-desprotexidos-polo-cetaNun acto ao que tamén asistiron pequenos produtores e produtoras de denominacións de orixe que quedarán desprotexidas coa entrada en vigor do CETA, e tendo en conta o veto do Parlamento rexional de Valonia ameazando a sinatura do día 27, Lídia Senra manifestou que “afortunadamente as cousas non están indo como quere a Comisión Europea e nós imos seguir dando a batalla para contribuír a que non se aprobe o CETA”. Con todo, a eurodeputada de AGe lamenta “que a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo , tendo a importancia que ten o CETA neste ámbito, se negue a preparar unha opinión grazas aos votos do Partido Popular e do Partido Socialista que se opoñen a facelo”. Ningunha das Denominacións de Orixe galegas queda protexida no acordo que, ademais,abre á importación o equivalente ao 0,6 % da produción e do consumo interno da carne fresca de vacún da UE. “Isto vai ter un impacto moi importante para as galegas e galegos, xa que deste sector dependen economicamente as zonas mais desfavorecidas e de montaña”, asegura a eurodeputada.

Lídia Senra aplaude o “non” do Parlamento da rexión de Valonia ao CETA, unha aprobación que puxo de manifesto mediante a sinatura dunha carta conxunta de apoio a Paul Magnette, presidente desta rexión belga, que denunciou mesmo presións para lograr o visto bo ao acordo. “Reivindicamos tamén que as nacións, neste caso a través do Parlamento galego, deberían ter o dereito a decidir sobre acordos deste tipo, polo que instamos ao Goberno galego a poñer en marcha todas as accións necesarias para conseguir que o pobo galego teña este dereito”, pediu tamén a eurodeputada de AGEe.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies