AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “As detencións e actitude represiva do Estado vulneran as normas democráticas da UE”

20 Setembro, 2017
  • O GUE/NGL emite unha posición colectiva condenando as detencións e violencia represiva do Estado español contra o pobo catalán
  • Senra asina tamén unha carta dirixida a Rajoy na que eurodeputados/as advirten que a vulneración de DDHH é incompatible cos tratados da UE

Bruxelas, 20 de Setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de asinar un posicionamento colectivo emitido na tarde de hoxe polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) –do cal forma parte no Parlamento Europeo-, co que este grupo parlamentario quere facer pública a “fonda preocupación” que está a causar a deriva represiva protagonizada polo Estado español, que ao longo do día de hoxe intensificouse ca detención de 14 altos funcionarios cataláns.

Xunto cas demais deputadas e deputados do GUE/NGL, Lídia Senra exhortou ao Goberno español “a por fin  á súa política de represión contra o pobo catalán, inaceptábel en calquera país democrático”. Asemade, chamou ás institucións da Unión Europea (UE) a posicionarse activamente “protexendo os dereitos fundamentais das cidadás e cidadáns de Catalunya”, ao tempo que trasladou “a súa solidariedade co pobo catalán” e esixiu que o Estado permita  “que se exprese libremente o 1 de Outubro”.

Dentro das iniciativas secundadas dende a semana pasada por ducias de eurodeputadas e eurodeputados, impulsadas para demandar o fin da represión política e vulneración de dereitos fundamentais por parte do Estado español no tocante á organización do pobo catalán para exercer o seu dereito ao voto, hoxe a eurodeptuada galega co-asinou tamén unha carta dirixida ao presidente do Goberno español, na que eurodeputadas/os de distintos grupos políticos recriminaron ao Mariano Rajoy o feito de que Catalunya estea a vivir “baixo un Estado de Sitio non declarado”, situación que de facto vulnera tanto os Tratados como a Carta da UE.

Senra subscribiu a condena do emprego da acción xudicial para tratar un asunto de natureza política, subliñando que “ten que ser dende o eido político, e non dende o xudicial ou policial, onde se deben dirimir os desacordos políticos en calquera país democrático europeo”. Os debates no Parlament para convocar un referendo de independencia contan co apoio do 80% da poboación catalá, lembra, polo que baixo ningún concepto poden conducir a un xuízo por parte do Goberno español contra os cargos políticos electos.

Xunto cas demais eurodeputadas/os asinantes, a galega Lídia Senra lanzou dende o Parlamento Europeo ao Goberno español a advertencia de que as violacións da liberdade de expresión e reunión que están a cometerse no Estado “non son aceptábeis nas normas democráticas da UE”, polo que, na súa obriga como representantes da cidadanía europea, condenan “as reaccións desproporcionadas das autoridades españolas fronte ao lexítimo desexo político da sociedade catalá de levar adiante un referendo de autodeterminación”, instando á Comisión Europea a abrir un procedemento de infracción polo incumprimento dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies