AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra alerta á CE sobre o novo emisario submarino e a ampliación da depuradora dos Praceres

23 Xaneiro, 2019 augas residuais, depuradora, EDAR, GUE/NGL, Lidia Senra, lourizan, marea pontevedra, os praceres, Pontevedra, saneamento

Reunion en decembro coa plataforma III_2656x1494

  • Advirte que o plan que pretende Augas de Galicia e que cofinanciaría nun 80% o Feder, non garante o cumprimento da Directiva de augas residuais

  • A eurodeputada denuncia falta de transparencia e reclama unha alternativa consensuada coa veciñanza que permita o saneamento da ría de Pontevedra

Santiago, 23 de xaneiro de 2019. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de alertar á Comisión Europea (CE) sobre a posibilidade de que os proxectos que pretende por en marcha Augas de Galicia co novo emisario submarino e a ampliación da depuradora dos Praceres, en Lourizán (Pontevedra), non solucionen os problemas de mal tratamento das augas residuais na ría de Pontevedra e leven de novo ao incumprimento da Directiva 91/272/CE de augas residuais urbanas e a continuar poñendo en risco a saúde pública e ambiental. A europarlamentaria rexistrou hoxe en Bruxelas dous escritos dirixidos á CE, elaborados tras a reunión que mantivo hai unhas semanas1 con membros da Plataforma veciñal Non á ampliación da depuradora dos Praceres.

No primeiro deles2, Lídia Senra pregúntalle á CE que coñecemento ten a Comisión dos novos proxectos de saneamento para a ría de Pontevedra e que valoración fai dos mesmos, tendo en conta que, de ir para adiante, probablemente se estará investindo unha notable cantidade de fondos europeos que redundarán en aniquilar aínda máis o xa deteriorado lugar.

Senra lembra que o Tribunal de Xustiza da UE ratificou no 2016 o incumprimento reiterado do tratamento das augas residuais na ría de Pontevedra, tras a denuncia emitida pola CE contra o Estado español polo indubidable risco para a saúde pública orixinado polo deficiente saneamento desas augas. O Estado español debería ter resoltos no 2023 os problemas orixinados pola desbordada depuradora dos Praceres que dá servizo á poboación de Pontevedra, Marín, parte de Poio, Vilaboa e o Polígono Industrial da Reigosa (Ponte Caldelas).

No 2018, Augas de Galicia deu a coñecer o proxecto de novo emisario submarino e anunciou a súa intención de realizar a ampliación da EDAR actual, obras que serían cofinanciadas nun 80% con fondos europeos FEDER. O novo emisario submarino contemplado, que recibiu máis de 300 alegacións en contra da veciñanza e de asociacións, prevé que as novas instalacións estean situadas no mesmo lugar dos Praceres, ocupando novos terreos do Dominio Público Marítimo Terrestre, sen respectar a distancia mínima de 200 metros das vivendas e afectando directamente aos bancos marisqueiros de Lourizán, Raxó, Lourido, San Telmo e Bueu, o que agravará os problemas de contaminación que xa soporta agora a zona. Apóstase tamén por alonxar o punto de vertido das augas residuais dentro da ría, o que non evitará a contaminación por E. Colli; e deixa o mesmo punto de vertido para as augas residuais de Ence, sen ter en conta a contaminación do Nitróxeno orgánico e amoniacal, o Fósforo total e a Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO), “polo que podemos atoparnos coa sorpresa de que, realizado este enorme novo investimento, persista o incumprimento da Directiva 91/271/CE de augas residuais urbanas”, considera Senra.

No segundo dos escritos rexistrados hoxe no Parlamento Europeo3, a eurodeputada denuncia que o núcleo dos Praceres leva anos practicamente encaixonado e sufrindo todo tipo de consecuencias medioambientais e sociais negativas derivadas de diferentes actividades industriais. Alí ubícase a pasteira Ence, a depuradora que dá servizo a gran parte dos concellos da ría de Pontevedra, os recheos do porto de Marín, declarados ilegais polo Tribunal Supremo, a coñecida como Autovía de Marín e o scalextric dos Praceres, e o paso do tren polo medio da praza dos Praceres. Senra considera que os proxectos de novo emisario e a ampliación da depuradora serían un agravante maior e informa á CE sobre a falta de transparencia e de acceso á información, xa que saíu a exposición pública o anteproxecto de novo emisario, no que se fai constantemente referencia ao proxecto de ampliación da depuradora, sen que este se coñeza, o que vulnera as garantías democráticas.

Tendo en conta que na actual depuradora se tratan tamén as augas residuais procedentes do porto de Marín e do Polígono Industrial da Reigosa, a eurodeputada pregunta á CE se considera que se está a cumprir a normativa en materia de depuración de augas para as industrias alimentarias, dados os problemas engadidos de sumar as augas industriais ao saneamento das augas domésticas.

Senra súmase á reivindicación da plataforma veciñal e reclama a necesidade dun estudo integral do saneamento da ría de Pontevedra e a búsqueda de alternativas que sexan consensuadas e que aseguren un modelo de saneamento racional e sostible, que permita aliviar a Lourizán das continuas agresións ambientais e sobre o territorio e o mar.

PE depuradora dos Praceres 230119 PE Depuradora dos Praceres (II) 230119

_______________________

1 https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/posts/1711156862322972

2 https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/01/PE-Depuradora-dos-Praceres-23-01-19.pdf

3 https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/01/PE-Depuradora-dos-Praceres-II-23-01-19.pdf

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies