AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra acusa ao Delegado do Goberno e á Policía de levar a cabo prácticas propias de eras non democráticas

15 Xuño, 2017 carga policial, centro social okupado, dereitos, Escárnio e Maldizer, GUE/NGL, liberdades, Lidia Senra, Santiago de Compostela
  • Súmase á campaña #eutambémsomescárnioemaldizer e estuda vías para denunciar ante a CE a vulneración de dereitos e liberdades 
  • Considera intolerable que as forzas neoliberais estean aproveitando o desaloxo dun centro social para atacar e reprimir á sociedade activa

431711798_128158

Santiago, 15 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusa ao Delegado do Goberno na Galiza, Santiago Villanueva, e aos corpos da Policía Nacional, de estar a levar a cabo nas últimas semanas en Santiago prácticas propias de eras “non democráticas”. “As imaxes e os vídeos da represión policial que houbo nas mobilizacións contra o desaloxo do Centro Social Okupado Escarnio e Maldizer en Compostela lembran a cargas doutras épocas, como as que había no Día da Patria Galega para impedir que as e os manifestantes entraran na zona vella de Compostela, ou as que se deron en loitas como a da Cota Empresarial, Baldaio, Larín,… Este tipo de ataques totalmente desproporcionados non se poden permitir. Todas as forzas democráticas debemos reaccionar”, afirmou. Senra ven de sumarse á campaña aberta nas redes sociais #eutambémsomescárnioemaldizer seriamente preocupada pola vulneración e retroceso de dereitos e liberdades ás que estamos asistindo no noso país por parte das forzas neoliberais, que están a aproveitar a ocasión para “reprimir á sociedade activa e intentar criminalizar aos movementos, intentando impoñer unha alarma social falsa como se non houbera un mañá”.

Neste sentido, Senra considera que é unha evidencia a todas voces que o CSO Escarnio levaba anos organizando actividades de dinamización social e cultural sen ningún tipo de problema de convivencia coa veciñanza nin para a cidade, “todo o contrario”. E o feito de que non foran comunicadas as concentracións-manifestacións convocadas na capital galega para protestar pola repentina clausura forzosa e tapiado a ladrillo do edificio okupado “non dá dereito a que a policía se poña literalmente a mallar sen ningún tipo de reparo nas persoas que asistiron ás mobilizacións”, dixo.

Á vista das imaxes dos moratóns nos corpos, dos vídeos das cargas que se produciron e das trabas e ameazas e golpes que sufriron os e as xornalistas que intentaron cubrir o que pasaba, a deputada está a estudar diferentes vías de cara a presentar ante o Parlamento e a Comisión Europea denuncias sobre as vulneracións de dereitos que se están a dar por parte das forzas policiais e dos responsables destas decisións. “Que era o que pretendían ocultar para intentar pola forza que as profesionais da comunicación non puideran seguir o que estaba a pasar?”, preguntouse.

Senra acolle ademais con moita indignación o anuncio realizado onte de que a Dirección Xeral da Policía, a través da Subdelegación do Goberno na Coruña, tramitará ao redor de 400 propostas de sanción administrativa contra as 116 persoas que foron identificadas na mobilización do sábado pasado. Ditas sancións poden superar os 30.000 euros de multa conforme a Lei de Seguridade Cidadá. “As consecuencias para o recorte de liberdades da aplicación da Lei Mordaza, que nunca debería ter sido aprobada, son nefastas e fronte a este rodillo que aplica a dereita contra toda persoa que se mova un pouco o único que nos queda é non calar, apoiar aos movementos sociais e dar a batalla”, opinou Senra.

“O que non podemos facer é calar. E menos despois de escoitar cousas tan graves como a que dixo o señor Santiago Villanueva esta semana nunha entrevista na Radio Galega: Que o Goberno estatal controla, fai seguimento e investiga ás persoas que de forma periódica acoden a manifestacións.  É que manifestarse e a libre expresión de ideas xa non é un dereito fundamental recollido na Constitución? É este un Estado de Dereito? Isto desde logo retrotraemos a prácticas da ditadura e non podemos quedar impasibles.”, alertou Senra.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies