- A eurodeputada e candidata ás Eleccións Europeas agarda que este domingo todas as persoas acudan a votar sendo conscientes de que na UE se deciden cuestións fundamentais que afectan á vida das persoas
CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ
Santiago, 25 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, achegouse este sábado pola mañá, xornada de reflexión electoral, ao Mercado do Alimento Labrego, nos Tilos, no Concello de Teo.
En declcaracións aos medios, Senra explicou que decidiu pasar o día de reflexión neste lugar e facer a compra aquí porque lle parece fundamental apoiar os mercados locais. “É onde sempre estiven e onde sempre estarei”, dixo.
A candidata tamén aproveitou para, nesta xornada previa aos comicios, facer fincapé no importante que é que este domingo todas as persoas participen nas eleccións europeas. “Por que? Porque no Parlamento europeo tómanse moitas decisións que nos afectan no día a día”, dixo. “Son unhas eleccións moi esquecidas, e fronte a iso, é fundamental que pensemos que mañá imos votar non só para escoller as corporacións municipais, senón tamén para escoller aos deputados e deputadas que estarán no Parlamento Europeo os próximos 5 anos”.