AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A UE ten que vixiar máis e obrigar a que se cumpran as súas propias normativas medioambientais”

13 Maio, 2019 ana seijas, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, medio ambiente, mina, minaría, O Pino, Touro

Lidia Senra e Ana Seijas, hoxe en Touro

  • Visitou a aldea de Arinteiro, a máis perxudicada polo proxecto de megamina de Touro-O Pino, e amosou a súa rotunda oposición por ser un ataque ás nosas vidas
  • Reclama que se lle dea carpetazo por ser devastador para o emprego rural da comarca de Santiago, danar terras e augas, e poñer en risco, coa contaminación que habería río abaixo, o marisqueo da ría de Arousa

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA HOXE EN TOURO PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-Lidia-Senra-en-Touro.mp4

Touro, 13 de abril de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, visitou este luns pola mañá, acompañada pola vocevoceira de En Marea, Ana Seijas, e por membros da candidatura local de Marea Veciñal de Touro ás eleccións municipais, a aldea de Arinteiro, a principal afectada polo proxecto de megamina de cobre de Touro-O Pino. Durante a visita, reunirónse coa veciñanza e con integrantes dos colectivos que se opoñen a este devastador proxecto e que levan máis dun ano loitando para que se paralice.

“Opoñémonos rotundamente á megamina de Touro-O Pino e opoñémonos a todos os proxectos megamineiros. Se a UE asume as súas responsabildiades e fai valer as súas propias normativas en materia de augas e en materia medioambiental, este proxecto de mina ten que pararse xa. Neste mandato levamos feito moito traballo no Parlamento Europeo, apoiando aos colectivos organizados e á veciñanza para denunciar esta situación, e así seguiremos. Opoñémonos a este tipo de proxectos porque son un ataque ás nosas vidas, á nosa saúde e destrúen postos de traballo, destruén moito máis do que crean. O noso futuro non podemos deixalo en mans dos intereses do capital. Nisto estamos e nisto imos continuar”, declarou Senra.

A eurodeputada e candidata considera que non debe permitirse máis espolio dos nosos recursos naturais, que son un tesouro, a costa da destrución da nosa terra. “Queremos aire, auga e terra limpas para Galiza, para poder vivir nela, para ter un rural vivo no que se desenvolvan actividades económicas sustentables e respectuosas co medio, coa saúde e co futuro dos nosos fillos e fillas”. Lídia Senra lembrou que o Estado español é dos máis infractores da UE en materia medioambiental e criticou que a calidade das augas están nun continuo perigo e ameaza. As directivas europeas deben cumprirse xa. A UE debe obrigar a que se cumpra a directiva da auga e a que as avaliacións de impacto ambiental se fagan correctamente. Así, defendeu que as Administracións teñen que cumprir o seu labor de vixilancia medioambiental e deixar de mirar para outro lado.

“Non queremos a mina porque ataca a vida das persoas ao atentar contra a nosa saúde e destruír o noso medio de vida”, insistiu Senra, quen recordou que no seu día parouse a mina de ouro de Corcoesto grazas á presión da veciñanza e dos colectivos organizados. “Non entendemos a que está agardando Feijóo para darlle carpetazo dunha vez ao proxecto mineiro de Touro. As consecuencias da antiga mina siguen danando a terra e as augas da contorna de Santiago de Compostela, chegando á ría de Arousa río abaixo e ameazando o marisqueo. O novo proxecto sería devastador. Por iso hai que paralo”, zanxou.

Lidia Senra con Ana Seijas hoxe en Touro II Lidia Senra en Arinteiro hoxe photo5965499439030317231 photo5965499439030317232 photo5965499439030317234 photo5965499439030317235 photo5965499439030317236 photo5965499439030317250 photo5965499439030317251 photo5965499439030317252 photo5965499439030317253 photo5965499439030317254 photo5965499439030317255 photo5965499439030317256

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies