AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A saúde debe primar sobre o comercio interno. A CE debe eliminar o cambio de hora

8 Febreiro, 2018

 

  • O Parlamento Europeo aproba unha resolución para propor á Comisión eliminar o cambio de hora dadas as posíbeis repercusións na saúde
  • Lídia Senra interveu no debate de hoxe lembrando que as consecuencias deste cambio de hora son inda maiores en países como Galiza

 

Estrasburgo, 8 de Febreiro de 2018. O Parlamento Europeo, reunido en sesión plenaria durante esta semana en Estrasburgo, aprobou hoxe unha Resolución sobre as disposicións sobre o cambio de hora de verano. A eurodeputada galega Lídia Senra, que votou a favor deste informe,  interveu en representación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) durante o debate  previo á votación para sinalar que até o de agora ningún dos moitos estudos científicos existentes ten demostrado efectos positivos do cambio de hora, pola contra, subliñou, “hai estudos que fan referencia a impactos negativos sobre a saúde, de xeito significativo na calidade do sono, así como na agricultura ou a seguridade viaria”.

Ademais, o cambio de hora de verán, distinguiu, afecta de xeito moi concreto a países como Galiza, onde “sufrimos moito máis os impactos deste cambio dado que a nosa posición xeográfica é a de Portugal e Reino Unido, máis estamos unha hora por diante, coa hora de Alemaña”.

Con relación ao manido argumento asumido por algúns gobernos con respecto a un hipotético aforro enerxético, Senra lembrou que “a Comisión Europea inda ten pendente presentar cifras concretas e exactas dos suposto aforro enerxético” e que, en todo caso, “a nosa saúde e benestar ten que ter prioridade sobre o mercado interno”.

 Asemade, diante do argumento esgrimido durante o debate na Eurocámara pola Comisaria de Transporte, Violeta Bulc, incidindo en que a mudanza horaria de verán favorece o lecer, a eurodeputada galega retruncou que “as políticas que favorecen o lecer son aquelas que reducen a xornada laboral e reparten o traballo”.

Finalmente Lídia Senra dirixiuse á Comisaria para solicitar a modificación da Directiva actual “para deixar sin efecto a armonización e que non se proceda ao cambio de verán. Eu recomendolle á Sra. Comisaria que aplique o principio de precaución a favor da saúde.”

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies