AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A ‘non aplicación’ da multa non pode repercutir en máis ataques ás clases populares”

28 Xullo, 2016 Comisión Europea, crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, GUE/NGL, liberalización, Parlamento Europeo, políticas públicas
Arquivo070716_Estrasburgo_2
O pasado sete de xullo, coincidindo coa sesión plenaria, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), no que Alternativa Galega de Esquerda (AGEe) está integrada, realizou unha acción de denuncia na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo en contra da aplicación da sanción.

 

  • A eurodeputada de AGEe plantexa unha batería de medidas a aplicar para facer fronte ao déficit, incluída unha posíbel saída do Euro
  • Salienta a necesidade dun Goberno disposto a “dar pasos” para recuperar a Soberanía Popular e facer fronte á ditadura de Bruxelas

 Bruxelas, 28 Xullo 2016. O feito de que o Estado español e Portugal, non sexan multados por incumprir os obxectivos de déficit do 2015 é positivo, xa que o contrario, no caso do Estado Español, suporía sacar das arcas públicas uns 2.200 millóns de euros, tendo como consecuencia  un incremento dos xa asfixiantes recortes que vimos sufrindo nos últimos tempos.

Agora ben, esta “non aplicación” da sanción non é gratuíta. O Goberno en funcións comprometeuse a aplicar un duro axuste para o ano 2017, para reducir o déficit do 5,2% -en 2015- ao 4,6% no 2016, para situarse en 2018 no 2,2%, é dicir, por embaixo do 3% que establece o Pacto de Estabilidade. A Comisión Europea xa puxo en marcha a chantaxe conxelando, polo momento, os fondos estruturais que recibe o Estado até saber cales son as medidas concretas que vai acometer o Goberno español para levar adiante os recortes comprometidos.

Diante deste novo contexto, “o primeiro que debería facer o Goberno español é explicar claramente que accións vai emprender para chegar aos obxectivos de déficit aos que se comprometeron”, esixiu a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra. Tendo en conta que a data límite para tomar medidas é o 15 de outubro de 2016, “é máis que urxente que este Goberno en funcións explique os compromisos asumidos”, apremiou.

Ademais disto, “cómpre esixir con contundencia que calquera compromiso para reducir o déficit debe pasar por incrementar os ingresos para o erario público sen acudir a privatizacións de ningún tipo  nin cargar os impostos indirectos”, evitando que recaian novamente sobre as clases populares.

Estas son algunhas das medidas que a eurodeputada de AGEe identifica como necesarias para afrontar a crise provocada polas políticas de austeridade impostas para reducir o déficit:

  1. O primeiro paso debería ir no camiño de que sexan os bancos e as grandes empresas responsábeis da débeda pública quen asuma a parte que lle corresponde dos xuros da débeda -nos orzamentos de 2016 adícanse 34.000 millóns de euros so para pagar os xuros da débeda-. Lexislar para poñer fin á elusión e á evasión fiscal, obrigando ás grandes empresas a pagar os seus impostos. Cómpre recordar que o Ibex-35 triplicou a súa presenza en paraísos fiscais durante a crise. E que, segundo un informe de Oxfam Intermon e o ORCS, o Banco de Santander é o principal beneficiario da elusión fiscal con 235 filiais ubicadas en territorios con vantaxes fiscais.
  2. Negarse a que sexa Bruxelas quen marque os obxectivos de déficit do Estado e as regras para reducilo, xa que isto impide facer políticas sociais, provoca o desmantelamento dos servizos públicos básicos como sanidade, ensino ou os servizos sociais, ameaza as pensións, obriga a privatizar todo o que nos queda público, provoca unha enorme destrución de emprego  e impón “reformas” para arrebatar os dereitos laborais conquistados polas loitas das e dos traballadores.
  3. Facer fronte ás imposicións que significa o actual proxecto de integración neoliberal e autoritaria, mediante actuacións que permitan a recuperación da Soberanía Popular e o dereito a decidir dos pobos. Neste sentido esiximos a retirada do denominado “documento dos cinco presidentes” sobre como avanzar na construción dunha unión económica e monetaria, por canto supón afondar aínda máis nestas políticas neoliberais que nos están destruíndo.
  4. Eliminar da Constitución Española a obriga de priorizar o pago da débeda.

“A Comisión Europea utiliza a chantaxe para lograr os seus obxectivos sabendo que as súas imposicións supoñen aumentar aínda máis o noso empobrecemento e a precarización das clases populares”, advertiu a eurodeputada galega.

Por iso “cómpre un Goberno disposto a dar pasos”, reivindicou, “os pasos necesarios para recuperar a capacidade de decidir sobre os orzamentos e sobre o nivel de déficit en función dos intereses da maioría. Os pasos necesarios para priorizar políticas para manter os servizos públicos e os bens comúns a salvo das privatizacións, chegando mesmo ao abandono da moeda única se fora preciso para garantir os dereitos das persoas. Os pasos necesarios para crear emprego e  recuperar a capacidade de desenvolver todos os nosos sectores produtivos e para que o respecto aos dereitos humanos, entre eles a saúde, a educación, ou o dereito á folga… estean por enriba dos intereses do capital”.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xaneiro 2023
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies