AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Instamos á Unión Europea a tomar medidas públicas e obrigatorias de axuste da produción láctea

26 Maio, 2016 AGEe, agricultura, Comisión Europea, control da produción, crise agrícola europea, crise de dereitos, economía rural, emerxencia social, leite, liberalización sector lácteo, Lidia Senra, sector leiteiro, SLG, soberanía alimentaria
DSC05121_2592x1944
Lídia Senra, Andoni García (EHNE_CEVC) e Isabel Vilalba (SLG_CEVC) uns minutos antes do inicio da Comisión de Agricultura
DSC05129_2592x1944
Plano xeral da sala da Comisión de Agricultura onde o 25 de maio tivo lugar a audiencia Medidas excepcionais de mercado para limitar a produción láctea.

 

  • Audiencia de expertas/os na Comisión de Agricultura para abordar medidas excepcionais de mercado para limitar a produción láctea
  • Senra coincidiu con Vilalba (SLG e CEVC) en denunciar que as medidas postas en marcha pola UE até o momento foron “un completo fracaso”

Bruxelas, 26 Maio 2015. Durante o serán e noite de onte a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, é titular para o Grupo da Esquerda Verda Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), organizou unha audiencia pública baixo o título Medidas excepcionais de mercado para limitar a produción láctea.

Entre as expertas/os convidados, a voz do pequeno e mediano campesiñado europeo estivo por Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego (SLG), en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), organización proposta por Lídia Senra para participar neste espazo.

Vilalba evidenciou a nula eficacia do enfoque das institucións europeas en relación ao sector leiteiro -nomeadamente a aplicación do denominado Paquete Lácteo e o fin das cotas leiteiras-, “o sector lácteo da UE está a padecer unha caída continuada dos prezos en orixe dende inicios de 2014”.

Os datos dispoñibles correspondentes ao primeiro trimestre de 2016, revelan un prezo medio de 27’72 céntimos por litro, pero a realidade é moito máis preocupante, aclarou, “na Galiza hai máis de 500 granxas que están a vender o leite por baixo dos 20 céntimos e unhas 2.000 non superan os 25 céntimos”. Unha situación insostíbel que se traduciu na desaparición de 900 explotacións leiteiras tan só no último trimestre do ano 2014.

Para frear este descenso no prezo do leite, “cómpre unha baixada da produción xeralizada e obrigatoria e apostar por un modelo resiliente”. En relación aos contratos, Isabel Vilalba reiterou a necesidade de fixar un prezos mínimos que cubran custes de produción e remuneren o traballo.

“Temos que apostar por unha política pública que regule os prezos e garanta que a cidadanía identifique o leite como un produto nutritivo e de calidade”, alentou. “As políticas lácteas europeas estannos afogando”, resumiu con contundencia a representante da CEVC.

A eurodeputada de AGE, encetou a súa intervención advertindo “é lamentábel que a única proposta posta enriba da mesa por parte do Consello sexa agardar a ver a luz ao final do túnel”. Senra cuestionou duramente a resposta dada dende as institucións europeas á crise do sector leiteiro: “como é posíbel que facendo tantos estudos a Comisión Europea non fora capaz de prever que ía haber un exceso de produción, cando dende o sector organizacións como a Coordenadora Europea Vía Campesina se lles estaba repetindo constantemente?”, inqueriu.

“É fundamental reflexionar e pensar seriamente que medidas podemos adoptar para axustar a oferta á demanda. Non se pode deixar a produción leiteira en mans das grandes multinacionais”, espetoulles Senra.

 

Intervención da Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba, en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina

 

Intervención de Lídia Senra, eurodeputada de AGEe e titular no Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo.

 

 

 

Expertos-a leite_Vilalba_250516_3
Lídia Senra escoitando a intervención da representante da Coordenadora Europea Vía Campesina, Isabel Vilalba
Expertos-a leite_Vilalba_250516_5
Intervención da Sercretaria Xeral do SLG e representante da Coordenadora Europea Vía Campesina, Isabel Vilalba

 

Vilalba e Senra_260516
Vilalba atende a réplica dada por Senra ás propostas do Consello e Comisión Europea
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies