AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Instamos á Unión Europea a acabar co vergoñento negocio das patentes na medicación contra o SIDA

6 Xuño, 2016 AGEe, Comisión Europea, dereitos humanos, emerxencia social, patentes, políticas públicas, sida

 

  • Debate en sesión plenaria relativo á xuntanza centrada na erradicación da SIDA que a ONU desenvolverá entre o 8 e o 9 de xuño nos EEUU
  • Anualmente 36,7 millóns de persoas vense afectadas por esta grave doenza. Lonxe de remitir, no ano 2015 contaxiáronse 2,1 millóns máis

 

Estrasburgo, 06 Xuño 2016. Dende hoxe e até este xoves día 9 o Parlamento Europeo está en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) [ORDE DO DÍA].

Esta primeira xornada deu comezo ca información trasladada pola Comisión Europea ao respecto da Reunión de Alto Nivel que a Asamblea Nacional de Nacións Unidas vai desenvolver entre o 8 e o 10 de xuño co obxectivo de avanzar na erradicación do SIDA.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, contextualizou a voracidade desta enfermidade lembrando na súa intervención que a Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) provocou nos últimos vintecinco anos máis de 34 millóns de mortes, afecta anualmente a case 36,7 millóns de persoas e, lonxe de remitir na súa incidencia, só no ano 2015 producíronse 2,1 millóns de novos contaxios.

“Cómpre redobrar esforzos para poñer fin a esta epidemia”, instou. Para iso, concretou, a Unión Europea e todos os participantes nesta Reunión de Alto Nivel “deben poñer en marcha todos os mecanismos ao seu dispor” para rematar ca discriminación e o estigma social que sofren as persoas enfermas a causa da ignorancia e do descoñecemento desta enfermidade.

Nesta liña, “urxe eliminar as leis que aínda existen nalgúns países, algunhas mesmo aprobadas en 2015, que criminalizan as persoas portadoras do virus”. Isto implicaría tamén garantir que ningunha persoa afectada perda o seu posto de traballo.

Aliás, “é imprescindíbel garantir servizos públicos de saúde e de saúde sexual e reprodutiva para todas as persoas”, así como multiplicar os esforzos no ámbito da prevención e “asegurar o acceso universal aos medicamentos poñendo fin ao monopolio da industria farmacéutica e ao vergoñento negocio das patentes”.

Un dos ámbitos máis sensíbeis neste sentido, a investigación, “deberá ser pública e ao servizo das persoas”, esixiu Senra, no canto de entregar suculentas cantidades de diñeiro público á industria “que acaba poñendo os intereses do seu accionariado por riba do dereito á saúde das persoas”, recriminou.

Dende Alternativa Galega de Esquerda subliñamos unha vez máis que A Unión Europea e as potencias occidentais “deben poñer fin definitivamente ás súas políticas de saqueo e empobrecemento dos países do Sur”, responsábeis da situación de pobreza e desigualdade que contribúe de maneira determinante a que enfermidades como a SIDA batan sempre con máis forza nas poboacións empobrecidas.

Intervención de Lídia Senra en sesión plenaria

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies