AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Instamos á Comisión Europea para que prohiba a adquisición de Monsanto por parte de Bayer

23 Setembro, 2016 AGEe, Bayer, GUE/NGL, Lidia Senra, Monsanto
  • Lídia Senra asina unha carta con máis de 50 eurodeputadas/os denunciando a concentración do mercado mundial de sementes e praguicidas
  • A misiva advirte que a CE está facultada para rexeitar este tipo de acordos que reducen a competencia e fortalecen posicións dominantes

 sou_monsantobayer_fb1_1200x630-01_1

 Santiago, 23 setembro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), e pertencente ao Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de asinar, xuntos con outros máis de 50 eurodeputados e eurodeputadas, unha carta dirixida á comisaria europea de Competencia, Margrethe Vestager, na que lle reclaman que prohiba a adquisición de Monsanto por parte de Bayer por tratarse dun “acordo perigoso”. Na misiva, advirten que a Comisión Europea (CE) está facultada para rexeitar este tipo de acordos, tendo en conta que, segundo o artigo 2 do Regulamento 139/2004, se recolle que as adquisicións deste tipo están prohibidas se contribúen a reducir de forma significativa a competencia no mercado único mediante o fortalecemento dunha posición dominante”, como é o caso.

O pasado 14 de setembro, o grupo farmacéutico alemán Bayer anunciou que comprará a fabricante de sementes estadounidense Montasanto por 59 millóns de euros e o volume de negocios mundial de Monsanto e Bayer é moito maior do umbral de 5 millóns de euros previstos no citado Regulamento. Ante tal realidade, as e os asinantes da carta aseguran que isto “permite á CE desencadear unha investigación, xa que o seu volumen conxunto sería de 23 millóns de euros. Por outra parte, o volume de negocios total a escala comunitaria de cada un é de máis de 250 millóns de euros e estas dúas empresas están operando en parte nos mesmos mercados: o das sementes e o dos praguicidas.

Na misiva asinada por Lídia Senra faise referencia a que en febreiro de 2013, un informe titulado “Xigantes das sementes vs. agricultores de EE.UU.”, do Centro de Seguridade Alimentaria, xa alertaba do aumento de prezos das sementres como resultado da concentración da industria de sementes. “Se esta adquisición ten lugar, Bayer podería controlar o 30% do mercado mundial de sementes e o 24% do mercado mundial de praguicidas, o que se pode chamar fortalecemento dunha posición dominante”, denuncian as eurodeputadas e eurodeputados.

A través desta operación, Bayer logrará unha concentración “sen precedentes” do mercado mundial nesta área sensible e “beneficiarase dunha influencia insoportable que poñerá en perigo tanto a forma de alimentarnos como o noso acceso aos tratamentos médicos asequibles”, considera Senra e demais denunciantes. “Dado que cada vez máis cidadáns europeos se están dando conta de que agora é urxente cambiar cara un modelo de agricultura sostible, esta adquisición irá en contra da súa vontade”, continúa a carta. “Moitos pacientes queixanse da opacidade e os prezos de algúns medicamentos comercializados polas grandes farmacéuticas como Bayer, e esta adquisición reforzará esta tendencia. Esta adquisición vai ir en contra dos principios que son importantes para nós: unha democracia vital na que o noso medio ambiente e a nosa saúde estean protexidos de xeito efectivo”, conclúen.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies