AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Instamos á CE e aos Estados á activación urxente de medidas para protexer ás abellas e polinizadores

1 Marzo, 2018
·        O PE chama a aplicar o principio de precaución con respecto ao emprego de pesticidas que ameazan a supervivencia dos insectos polinizadores
·        A loita contra a  Vespa Velutina e a aposta por etiquetaxes que rematen ca fraude no mel, aspectos tamén recollidos no informe aprobado hoxe
 
Bruxelas, 1 de Marzo de 2018. O Parlamento Europeo (PE) vén de aprobar en sesión plenaria un informe sobre perspectivas e desafíos para o sector apícola da Unión Europea. Lídia Senra, coordinadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do PE, valorou moi positivamente a aprobación deste texto, que recolle expresamente a preocupación derivada do significativo aumento da mortalidade das abellas melíferas e polinizadores silvestres en Europa, salientando as preocupantes repercusións que esta situación está a ter na agricultura, na biodiversidade e nos ecosistemas. “É importante que a nivel das institucións da UE se recoñeza os riscos que nestes momentos existen para a supervivencia das abellas e dos polinizadores en xeral, así como para as propias persoas que se adican á  apicultura. É relevante que se trate dun posicionamento tan completo e que presente varias accións concretas a desenvolver”.
 
Así, a eurodeputada galega chamou a “activar urxentemente” as medidas recollidas no texto, que contemplan accións como definir un plan a nivel europeo para loitar contra la mortandade das abellas, a potenciación de superficies de interese ecolóxico, a aplicación do principio de precaución a fin de protexer a todos os polinizadores ou a suspensión do emprego de praguicidas que conteñan substancias activas que poñen en risco a saúde das abellas. “Facemos un chamamento á Comisión Europea e aos Estados membro para que asuman as propostas aprobadas hoxe e implementen as medidas necesarias para facelas efectivas”.
 
Senra, que ao longo de toda a lexislatura vén trasladando ao Parlamento Europeo as denuncias e preocupacións que o sector apícola está a subliñar con respecto á situación das abellas, nomeadamente con cuestións de especial graviadade como os riscos derivados da praga da Vespa Velutina ou o impacto do emprego de produtos neonicotinoides na supervivencia dos polinizadores, interviu hoxe na sesión plenaria para resaltar a importancia de “pór en práctica medidas para aumentar a protección xurídica e o apoio financieiro ás poboacións locais de abellas melíferas en toda a Unión, incluíndo a protección  xurídica das zonas de conservación destas abellas, abarcando tamén todo o referido aos neonicotinoides”.
 
A eurodeputada galega tamén reiterou a importancia da loita contra a fraude na distribución do mel, “a través do desenvolvemento de procesos de análise eficaces,  o reforzo dos controis públicos e unha etiquetaxe clara, na que se recolla a orixe exacta do produto”.
 
 https://youtu.be/0SxGjtVzYKk
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies