AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Inauguración en Bruxelas da mostra fotográfica “A Europa d@s nen@s perdid@s”

4 Abril, 2019

Bruxelas, 03 de Abril de 2019. Lídia Senra e o fotógrafo galego Gabriel Tizón inauguraron esta tarde a mostra “A Europa d@s nen@s perdid@s” no Centro Galego de Bruxelas La Tentation. Integrada por un total de 40 imaxes tomadas nos últimos catro anos, reveladas en lona a gran formato, corresponden a viaxes realizadas por Tizón a fronteiras de ata 14 países europeos.

A través desta iniciativa a eurodeputada galega quere colaborar na visibilización dunha das consecuencias máis agochadas do desleixo ca que a UE está a “xestionar” a chegada de poboación que fuxe da violencia extrema nos seus países: a desaparición de nenas e nenos.

As alarmas saltaron no ano 2016, cando un informe da Europol alertou de que alomenos 10.000 nenas e nenos refuxiados desapareceran nada máis pisar Europa. Sen embargo, e malia que dende institucións a tódolos niveis, organizacións gubernamentais e ONG’s seguen a denunciar que esta situación persiste, as explicacións dilúense nun inconcreto abano e posibilidades que ninguén está asumindo a responsabilidade de aclarar.

Durante a apertura da mostra ao público, Lídia Senra destacou a importancia de “dar visibilidade á situación que padecen milleiros de nenos e nenas nas fronteiras europeas, realidade da que non se adoita falar ao abordar a situación das persoas que buscan refuxio en Europa. Unha vez máis temos que condenar a hipocrisía da Unión Europea, que ao mesmo tempo que di salvagardar os dereitos humanos é responsábel da traxedia que viven milleiros de persoas migrantes cada día, e non fai absolutamente nada para rematar ca situación de abandono dos nenos e nenas, especialmente daqueles que viaxan sós e soas. Trátase dunha gravísima vulneración máis elementais normas internacionais de protección de menores por parte dos Estados membro e as institucións europeas”.

 

Senra_Tizón_030419-2“As nenas e nenos refuxiados desaparecen secuestrados por mafias e traficantes que traballan o longo de todo o camiño. Ás veces engánanos, outras simplemente usan a forza, e  o destino final case sempre é o mesmo:  a escravitude, a prostitución e o tráfico de órganos”, explicou o fotógrafo galego.

7.

Esta mañá Tizón interveu tamén na reunión do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), ao cal pertence a galega Lídia Senra, para trasladar ás eurodeputadas e eurodeputados claves ao respecto da desaparición masiva de cativas e cativos refuxiados en territorio europeo. “Logo de tantos anos traballando no terreo, verte intervindo nun espazo como o Parlamento Europeo impacta en certo modo, pero cos pes na terra, conscientes da responsabilidade que ten a UE nesta situación.  Creo que é importante chegar até aquí con estas persoas, inda que sexa en imaxes. Non nos facemos falsas ilusións, pero agardamos que sirva para avanzar na sensibilización con respecto a esta situación que é unha vergoña para toda Europa”.  

Tizón_Senra_GUENGL

 Na súa intervención o fotógrafo tamén incidiu no incomprensíbel e inhumano que resulta o feito de que “axudar a estas nenas e nenos é considerado un delito, cando en realidade poderiamos dicir que non coidar deles e delas é antinatural, é como non coidar da nosa especie. É complicado comprender que un pasaporte é máis importante que unha persoa”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies