AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Facer fronte á vulnerabilidade social en Haití, vía para rematar ca grave situación de escravitude infantil

8 Febreiro, 2018

 

 

  • As políticas de desenvolvemento da UE non deben esixir contrapartidas comerciais, e urxe o reintegro da débeda colonial francesa con Haití
  • O respecto ao dereito á Soberanía Alimentar do pobo haitiano e o apoio ao campesiñado, algunhas da propostas realizadas dende o GUE/NGL

 

Estrasburgo, 08 de Febreiro de 2018. Na mañá de hoxe o Parlamento Europeo (PE) aprobou unha proposta de resolución alertando da arrepiante situación de escravitude infantil en Haití vinculada ao traballo doméstico, situación na que se están vendo atrapad@s arredor de 400.000 menores, un 60% nenas.

Lídia Senra, responsábel para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Delegación paritaria Africa-Caribe-Pacífico (ACP-UE) interveu no debate previo matizando que Haití non é un país “pobre”, senón un país “empobrecido, afogado pola débeda imposta por Francia e distintas institucións internacionais; devastado polo terremoto de 2010 e máis tarde polo furacán Matthew. O 77% dos seus habitantes viven con menos de 2 dólares ao día e atópase nunha situación de inseguranza alimentar grave”.

A eurodeputada galega, que no pasado mes de decembro desprazouse a Haití no marco dunha delegación da ACP-UE que lle permitiu coñecer in situ a actual situación do país, explicou que debido á vulnerabilidade social vinculada á situación económica que afoga a poboación, “un grande número de familias vense obrigadas a confiar os seus fillos e as súas fillas a outras persoas para garantir a supervivencia destas nenas e nenos; situación que en moitos casos acaba derivando en que sexan obrigadas e obrigados a realizar traballos domésticos, así como vítimas da explotación e da violencia tamén sexual”. Un primeiro paso, propuxo, sería que as autoridades haitianas ratificasen a Convención 189 da OIT, “asegurando os controis necesarios para evitar a explotación infantil e a violencia, e prestando atención á violencia sexual no traballo doméstico”.

Senra reivindicou tamén hoxe no pleno do PE que para combater cuestións dunha gravidade tan alarmante como a escravitude infantil a Unión Europea ten que adoptar medidas que realmente favorezan o desenvolvemento do país. Neste sentido, demandou que a UE non condicione as cuantías económicas vinculadas á axuda ao desenvolvemento a que o Goberno haitiano ratifique acordos de asociación económica ca UE.

Entre a batería de medidas concretas propostas polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, a eurodeputada galega apuntou a pertinencia de que, tendo en conta a grave carga de débeda que constriñe a economía haitiana, “as axudas económicas non sexan concedidas en forma de préstamos, senón como doación”, advertindo entre as responsabilidade europeas que o Estado francés “debe reembolsar a débeda colonial”.

Por último, como responsábel para o GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, así como na Delegación ACP-UE, Lídia Senra esixiu “respeto polo dereito de Haití á Soberanía Alimentaria e apoio ao campesinado para producir a alimentación para o seu pobo”.

 

 Imaxe: povertyresolutions

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies