AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Europa ten que camiñar cara a unha Política Agraria e Alimentaria baseada na Soberanía Alimentar

13 Outubro, 2016 AGEe, agricultura, Día Mundial da Alimentación, fame, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pobreza, Tratados de Libre Comercio, Tribunal Monsanto
  •  Lídia Senra reclámalle á UE políticas que erradiquen a fame e que poñan fin aos tratados de libre comercio que“contribúen a aumentala” 
  • A eurodeputada esixe un cambio das institucións ante o Día Mundial da Alimentación e pide que non fique todo en simples declaracións 

Santiago, 13 outubro 2016.  Con motivo do Día Mundial da Alimentación, que se celebra este próximo domingo, 16 de outubro, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, realiza un chamamento á Unión Europea (UE) para “recoñecer o dereito dos pobos a producir a súa alimentación básica”. “Europa non ten que alimentar o mundo, como se pretende, senón que o que ten é que permitir e promover que cada pobo se alimente a si mesmo”, defende Senra. Para a eurodeputada, “promover e potenciar a agroecoloxía, a agricultura labrega, o acceso á terra, á auga e ás sementes, e priorizar os circuitos curtos de comercialización é fundamental para erradicar a fame, a pobreza e a exclusión social”, ademais dunha “importantísima contribución na loita contra o cambio climático”. 

Ante unha realidade na que cada vez máis persoas viven no limiar da pobreza e pasan fame “debido ás políticas de austeridade”, a eurodeputada reclamou esta semana na reunión conxunta da Comisión de Agricultura, de Desenvolvemento e de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria do Parlamento Europeo que as Administracións europeas “aposten por erradicar a fame e non por contribuír a aumentala coas políticas neoliberais e cos tratados de libre comercio”. 

Lídia Senra considera que a UE está a fracasar nos seus obxectivos, tal e como se pon de manifesto cando se analiza o pouco avance na loita contra a fame no mundo e a fame existente nos países da propia UE, sobre todo no sur, como consecuencia das políticas de austeridade. No Estado español, por exemplo hai informes que din que  o 39% das nenas e nenos teñen carencias na súa dieta ou pasan fame directamente. E na Galiza, o 20,8% dos fogares chegan con moita dificultade ao final do mes, por enriba da media estatal, que é do 16,1%, sendo a terceira comunidade cunha maior porcentaxe de fogares que presentan moitas dificultades, só por detrás de Andalucía e Murcia.

tribunal-monsanto“Mal imos se en lugar de erradicar a fame contribuímos a aumentala”, advertiu a eurodeputada. Neste sentido, chamou ás institucións a abordar o Día Mundial da Alimentación, que este domingo se celebra baixo o lema “O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén”, como un reto de cara a mudar as políticas e a situación. Así, reclamou por parte dos poderes públicos que non fique todo en simples declaracións conmemorativas dun día ao ano e que se poñan en marcha medidas efectivas.

Na mesma liña, Lídia Senra quere amosar o seu total apoio ao Tribunal Monsanto, unha iniciativa internacional que, coincidindo co Día Mundial da Alimentación, a partir deste venres e até o domingo xulgará na Haia (Holanda) á multinacional agroquímica, recentemente adquirida por Bayer, Monsanto. Os días 14, 15 e 16 deste mes, unha trintena de persoas, testemuñas e expertas legais dos cinco continentes, testemuñarán na Haia ante cinco xuíces internacionais para contar ante o tribunal simbólico e ao mundo enteiro como Monsanto arruinou a súa vida e a das súas comunidades e medios de vida. Para Lídia Senra, poñer a énfase nestes aspectos e denunciar o dano á saúde, á natureza e á agricultura labrega,  causada pola agricultura industrial e química ao longo dos anos é fundamental para poder afrontar unha nova política alimentaria mundial máis xusta e respectuosa cos pobos e cos dereitos fundamentais dos homes e mulleres.

ttip-ceta photo_2016-10-09_20-24-38Así mesmo, en liña coa outra fronte de loita na que está inmersa a eurodeputada, Lídia Senra participará esta fin de semana en Vigo nas actividades organizadas con motivo da semana de resistencia global contra os Tratados de Libre Comercio, acordos internacionais como o TTIP, CETA ou TISA que, segundo a membro de AGEe, “non contribúen en absoluto a erradicar a fame do mundo senón todo o contrario, ao ir contra os dereitos de cada pobo a alimentarse a si mesmo”.

Nesta campaña, Lídia Senra participará este venres, ás 20 horas da tarde, na charla coloquio organizada pola Marea de Vigo baixo o título “Consecuencias dos Tratados de Libre Comercio” na que intervirán ademais da eurodeputada, tamén a deputada nas Cortes Alexandra Fernández, o concelleiro Rubén Pérez, e o membro de Plan B Vigo Xabier P. Davila.

Xa o sábado, Senra asistirá á manifestación central convocada en Vigo e que partirá ás 19 horas da Vía Norte baixo o lema “Non aos Tratados de Libre Comercio”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies