AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Eurodeputadas/os únense para esixir aos comisarios de Medio Ambiente e Agricultura actuar xa contra os lumes

19 Outubro, 2017 incendios forestais, negocio do lume
  • Lídia Senra lanzou hoxe a recollida de sinaturas no PE en apoio a unha carta á CE demandando medidas urxentes contra os incendios
  • Chama a ter en conta o cambio climático nas políticas de prevención, pór fin ao monocultivo de eucaliptos e apoiar as labregas/os na UE

 

 Bruxelas, 19 de outubro 2017. Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acaba de lanzar unha carta dirixida aos comisarios de Medio Ambiente e Agricultura da UE -Karmenu Vella e Phil Hogan- na que esixe á UE a urxente posta en marcha de políticas de revitalización do rural. A eurodeputada galega demanda accións políticas que permitan o “mantemento e instalación de pequenas e medianas granxas familiares, así como un sistema público e permanente de prevención e loita contra os incendios que teña en conta os efectos do cambio climático”. Tamén esixe a fin do monocultivo de eucalipto e da súa expansión por terras agrarias.

Esta é a segunda misiva nunha semana que a eurodeputada galega dirixe á Comisión Europea logo da que enviou o pasado luns ao seu presidente, Jean Claude Juncker, para dar conta da alarmante vaga de incendios que estes días asolou amplas zonas de Galiza, Portugal e Asturias, provocando enormes darnos en vivendas e decenas de mortes ao seu paso.

Na carta impulsada hoxe Lídia Senra busca visibilizar o apoio de eurodeputadas/os de distintos grupos políticos contra o actual  modelo de prevención e extinción de incendios, alertando da súa precariedade: “existen diferentes tipos de contratación de persoal, dende profesionais contratados todo o ano ata fixos descontinuos, eventuais, traballadores de empresas privadas subcontratadas  e persoal da administración local, estatal e do exército”, abondou. Fronte esta precariedade, manifesta no caso galego, a eurodeputada defende neste texto “sistemas públicos e profesionais que garantan condicións dignas para os traballadores e traballadoras e para manter os labores de prevención e coidado do monte de xeito ininterrompido”.

Diante dunha política forestal e de prevención “nefasta”, chamou ás eurodeputadas/os a promover medidas que teñan en conta “os efectos do cambio climático e o incremento das temperaturas e das secas, que están provocando a desestacionalización dos lumes forestais”. Ademais, a eurodeputada galega reitera que é “indispensábel” a revitalización do medio rural con pequenas e medianas explotacións, para o que esixe na carta promovida hoxe “o apoio decidido ao mantemento e instalación de campesiñado que produza alimentos en todo o territorio, poñer fin á forestación das terras agrarias e ao monocultivo do eucalipto e do pino, e apoiar a recuperación e o valor social dos montes autóctonos como fonte de riqueza e diversidade”. Senra considera que unha reforma “en profundidade” da PAC tería que basearse sempre nestes criterios.

Na súa comunicación a eurodeputada sinala tamén que, como demostran os graves incendios desta última semana, estamos ante un fenómeno que afecta a moitos países da UE e que ten “carácter internacional”, polo que ve urxente realizar “unha reflexión profunda sobre as causas do lume e os intereses que hai detrás del”.

A recollida de sinaturas manterase aberta até o vindeiro venres 27 de outubro. Nestas primeiras horas varias ducias de eurodeputados/as manifestaron xa o seu apoio.

191017_Letter EU Environment and Agriculture Commissioners_Forest Fires-page-001

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies