AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Este intenso intercambio de experiencias a tódolos niveis axudaranos a avanzar no deseño de estratexias para o recoñecemento dos dereitos das mulleres e nenas no medio rural”

20 Marzo, 2018
ProgramaMundialdeAlimentos_190318
Xuntanza con representantes do Programa Mundial de Alimentos

 

  • Durante esta semana participamos en Nova York na 62ª Sesión da CSW da As mulleres e nenas das zonas rurais, tema principal na axenda
  • A nivel do PE, Senra é a responsábel da transversalización da perspectiva de xénero na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural

Nova York, 20  de Marzo de 2018. Durante esta semana a eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, está participando en Nova York na 62ª Sesión da Comisión da Condición Xurídica e Social das Mulleres (CSW, polas súas siglas en inglés) da Organización das Nacións Unidas (ONU), que este ano ten como tema principal as mulleres e nenas que habitan nas zonas rurais.

Senra, coordenadora do seu grupo parlamentario na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural dende o inicio de lexislatura, é tamén a responsábel a nivel do Parlamento Europeo da transversalización da perspectiva de xénero neste comité para o período 2014-2019. Ademais das iniciativas levadas a cabo neste sentido tanto a través da Comisión de Agricultura como da sesión plenaria, así como das achegas realizadas a outras comisións, no ano 2017 a eurodeputada galega foi correlatora dunha  resolución do Parlamento Europeo que abordou de xeito específico o papel das mulleres nas zonas rurais.

PlataformaPortuguesaDireitosDasMulheres_190318_2
Encontro ca Plataforma Portuguesa para os Direitos das Mulheres

De cara á súa participación na delegación do Parlamento Europeo presente esta semana en Nova York no 62.º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller das Nacións Unidas, Senra avanzou no debate preparatorio da posición do Parlamento Europeo celebrado a principios deste mes a relevancia de situar neste foro de debate da ONU alomenos tres das cuestións fundamentais que enfrontan actualmente as mulleres que habitan nas zonas rurais: “Protección fronte ás corporacións transnacionais que queren ocupar as nosas terras, e que moitas veces empregan para iso a violencia.  Protección fronte á agricultura industrial que destrúe os nosos postos de traballo e contamina os ecosistemas, incluídas as nosas vidas; e recoñecemento legal dos nosos dereitos como labregas, destacando a titularidade compartida e as pensións dignas de xubilación.”

Senra iniciou onte a súa  axenda de traballo participando nunha reunión con representantes do Programa Mundial de Alimentos (PMA) de Nacións Unidas, e mantendo encontros con organizacións de mulleres de Portugal e da República Democrática de São Tomé e Príncipe, así como  con coordenadoras da multitudinaria Marcha das Mulleres (Women’s March) que tivo lugar o ano pasado en Washington contra as políticas de Donald Trump, convocada novamente a principios deste ano en distintas cidades estadounidenses.

190318_OrganizadorasMarchaDeMulleres_EEUU_2
Encontro con oordenadoras da Women’s March

 

 

“Está sendo unha experiencia moi interesante. Considero que é importantísimo poder colocar nestes foros, a distintos niveis, a situación das mulleres e nenas no mundo rural. Este intercambio de experiencias é fundamental porque axúdanos a avanzar na proposta de alternativas para que haxa un verdadeiro recoñecemento dos dereitos das mulleres e das nenas no medio rural e, particularmente, das mulleres labregas.”

 

Entre as xuntanzas previstas para hoxe,  a eurodeputada asistirá a unha reunión na que se abordarán estratexias para transversalizar a perspectiva de xénero aos plans de acción humanitaria. A continuación parcticipará no evento “Mulleres Rurais como Axentes de Cambio”, organizado polo Parlamento Europeo. Na quenda de tarde a delegación parlamentaria na que está integrada Lídia Senra en Nova York entrevistarase coa embaixadora irlandesa Byrne Nason, Presidenta da Mesa Directiva da CSW; seguidamente con Yannick Glemarec, director executivo adxunto de ONU Mulleres e a continuación intercambiará puntos de vista con parlamentarias cubanas que están a participar neste 62 º período de sesións da CSW.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies