AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Especialistas en xestión sustentábel do territorio reúnense o sábado en Pontevedra nunha xornada aberta ao público

7 Xullo, 2017 Anova Terra, auga, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, despoboamento rural, Eduardo José Corbelle, GUE/NGL, Heitor Picallo, Irmandade Illa de Tambo, Lidia Senra, patrimonio arqueolóxico, Pedro Mota e Costa, Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal, termal, territorio, Umia Vivo, xestión sustentábel
  • Os diferentes relatorios e mesas de debate do evento desenvolveranse entre as 10:00 e as 19:30 horas na Casa das Campás 
  • Abordaranse alternativas para facerlle fronte ao despoboamento do rural e para protexer e conservar o patrimonio termal e arqueolóxico

 20170707_104745Pontevedra, 07 de xullo de 2017. Máis dunha docena de persoas chegadas de diferentes lugares e expertas na xestión sustentábel do territorio participarán este sábado, 8 de xullo, como relatoras na xornada “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”. Organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, o evento aberto a todos os públicos sen necesidade de inscrición previa, estruturarase en varios bloques temáticos de análise, coloquio e interacción cos e coas asistentes, desde as 10:00 e até as 19:30 horas na Casa das Campás de Pontevedra.

“Necesitamos intercambiar opinión, experiencias, reflexionar e debater”, defende Lídia Senra, que asegura que “estamos nun momento no que as forzas neoliberais intentan a cada paso máis perverter o termo sustentábel e usalo para nomear accións e políticas súas impulsadas na Galiza e en toda Europa que en realidade de sustentábeis non teñen nada”. Por iso, “cómpre analizar o que está a acontecer coa xestión do territorio, coa falta de respecto e desleixo que amosa a Administración galega, estatal e europea cara ao rural, ao patrimonio arqueolóxico e cultural, aos bens termais, e propoñer alternativas e saídas de presente e futuro que sexan verdadeiramente sustentábeis”, di.

En colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal,.a xornada incluirá catro charlas-coloquio (dúas en horario de mañá e dúas en horario de tarde).

A primeira delas será ás 10:30 horas, e correrá a cargo de Pedro Mota e Costa, chegado de Portugal, docente de Ensino Superior e asesor de Xestión Autárquica e Finanzas Locais. Levará acabo un relatorio que versará sobre a “Promoción da sustentabilidade local a través de discriminación financeira positiva” e falará do caso luso.

Ás 12:15 horas comezará a segunda mesa, na que Eduardo José Corbelle Rico, enxeñeiro de Montes e profesor universitario de Enxeñaría Agroforestal no Campus de Lugo; Belén Fervenza, responsable do sector de horta, froita e flor do Sindicato Labrego Galego (SLG); e María Ángeles Ríos Pintos, da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, falarán sobre “O despoboamento do rural: Un problema europeo a afrontar. Alternativas para a xestión do solo para usos agrogandeiros e forestais”.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas terá lugar un debate sobre “A xestión dos recursos hidrolóxicos. O aproveitamento enerxético dos caudais e os dereitos públicos e veciñais sobre as augas e o patrimonio termal”, a cargo de Heitor Picallo Fuentes, enxeñeiro e investigador, membro da Plataforma pola Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis e Caldas de Reis; e Telma Lago Rodríguez, da Cooperativa Nosa Enerxía.

E para rematar a xornada, ás 18:00 horas, comezará un coloquio sobre “Ameazas que afectan ao patrimonio cultural arqueolóxico. Propostas fronte ao esquecemento”, con Antonio Costa, presidente da Asociación Irmandade Illa de Tambo; e Xesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación Umia Vivo.

dipticoA4_XESTIÓNterritorio_rrss (1)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies