AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Esiximos que a UE interveña para pór fin aos ERE dos Bancos Popular e Pastor e de Isolux Corsán

25 Outubro, 2016 AGEe, Banco Pastor, Banco Popular, ERE, GUE/NGL, Isolux Corsán, Lidia Senra, Parlamento Europeo, precariedade laboral
  • Lídia Senra tomou a palabra no pleno da Eurocámara para denunciar os abusos empresariais amparados polas reformas laborais 
  • A eurodeputada de AGEe reclama que se leven a cabo canto antes medidas para rematar coa destrución de emprego


Estrasburgo, 25 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interveu no pleno do Parlamento Europeo que esta semana se está a desenvolver en Estrasburgo para pedir que a Comisión Europea e o propio Parlamento interveñan para poñer fin aos “abusos” que están a levar a cabo empresas como o Banco Pastor, o Banco Popular e Isolux Corsán, que pretenden levar a cabo procesos de regulación de emprego que implicarían deixar na rúa a 500 homes e mulleres na Galiza e a 3.400 en todo o Estado español.

Lídia Senra, que o venres pasado estivo falando coas persoas afectadas por estes ERE durante as protestas que mantiveron en Santiago, diante do edificio do Parlamento Galego, coincidindo co inicio da X Lexislatura autonómica, decidiu solicitar no pleno da Eurocámara o minuto de intervención libre para poñer de manifesto onte pola noite esta dramática situación laboral.  “Reclamámoslle á CE e a este Parlamento que interveñan para poñer fin a estes abusos das empresas, amparadas polas reformas laborais, e para que poñan en práctica medidas para acabar con estas situacións totalmente inxustificadas que destrúen emprego, aumentan o risco de pobreza e exclusión social, hoxe situada nun 28,6%, e aumentan a precariedade laboral cando no Estado español xa un de cada cinco traballadores e traballadoras cobran menos de 300 euros”, dixo a eurodeputada galega.

Á vista desta situación e destes datos, desde AGEe tamén nos preguntamos onde vai a promesa de Juncker de que a mocidade de hoxe non será máis pobre que a xeración das súas nais e pais; tamén nos preguntamos o que está facendo a Comisión para conseguir o obxectivo de “ter un efecto decisivo na erradicación da pobreza”, como prometeu.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies