AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Esiximos a retirada do proxecto de alta tensión da REE en Arbo e que a CE faga cumprir as normas de transparencia e información

21 Febreiro, 2018 Arbo, Comisión de Peticións, enerxía, GUE/NGL, Lidia Senra, liña de alta tensión, Parlamento Europeo
  • A veciñanza de Arbo logra comprometer á Comisión de Peticións para seguir investigando as posíbeis consecuencias da liña de alta tensión e pedir transparencia
  • A eurodeputada Lídia Senra denunciou unha vez máis a ocultación de información por parte do Estado español con respecto ao novo trazado da liña eléctrica

Senra_Arbo_Peti_210218-2

Bruxelas, 21 de Febreiro de 2018.Como demandou a eurodeputada galega Lídia Senra, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu manter aberta a investigación solicitada pola Plataforma de afectados pola Liña de alta tensión de Arbo (AALAT), arroupada hoxe no Parlamento Europeo tamén pola concelleira e concelleiro da Agrupación de Electores de Arbo, Fabiola Durán e Florencio Gago.

O denominado Proxecto de Interconexión Eléctrica do Norte de España-Portugal contempla no seu trazado orixinal liñas de moi alta tensión pasando pegadas ás casas e leiras da veciñanza, a unha distancia de apenas seis metros. Celeste Pedrosa en representación da AALAT, reiterou ás eurodeputadas/os e ao representante da Comisión Europea presente hoxe na reunión da Comisión de Peticións, as numerosas irregularidades das que adoece este proxecto transfronteirizo promovido por Red Eléctrica Española (REE) e a portuguesa Red Eléctrica Nacional.

O indignante incumprimento de cuestións fundamentais, tales como carecer inda a día de hoxe dunha avaliación de impacto ambiental -dende 2013 que foi presentada a información ao Ministerio de Medio Ambiente (MAPAMA)-, a omisión do requisito de consulta á cidadanía afectada, así como a actitude escurantista do Ministerio de Industria -a quen Pedrosa afirmou a AALAT ten enviado até 14 escritos solicitando información sen obter resposta algunha-, foron algunhas das informacións postas hoxe sobre a mesa por parte da representante da veciñanza de Arbo que contribuíron a acadar o compromiso de seguimento exhaustivo por parte da Comisión de Peticións.

Concretamente, a súa presidenta, a sueca Cecilia WIKSTRÖM,  afirmou que seguirían “presionando” á Comisión Europea para que se coñeza a avaliación de impacto do proxecto, así como ás autoridades españolas e lusas a través do envío de sendas cartas reiterando o seguimento da Comisión de Peticións. 

A eurodeputada galegaLídia Senra, que dende principios do 2017 mantén un contacto periódico directo ca Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea,  incidiu tamén na súa intervención en apoio á veciñanza de Arbo nas dificultades para obter información sobre este proxecto. “En febreiro de 2017, comunicóusenos nunha xuntanza ca DirecciónXeral de Enerxía que o proxecto inicial fora modificado, e dende entón estamos tentando saber cal é o novo trazado”.

Como mostra das chamativas trabas existentes para coñecer que é o que realmente quere facer Red Eléctrica Española no concello de Arbo, ao relato xa exposto por Celeste Pedrosa, Senra engadiu o periplo interinsitucional da súa propia solicitude de información realizada en calidade de eurodeputada: “Ao fío da denuncia da veciñanza aberta na Comisión de Peticións do PE, en febreiro de 2017 reunímonos ca Comisión Europea para obter máis información, e dixéronnos que tiñamos que dirixirnos ao Ministerio. Pedímoslleentón á DirecciónXeral de Calidade e Avaliación Ambiental do MAPA unha copia íntegra do expediente do proxecto. En abril respostaron que debiamossolicitalaa través da Representación Permanente de España na UE, quenespecharon o bucle remitindo a nosa solicitude de novo á DirecciónXeral de Calidade e Avaliación Ambiental do MAPA que, á súa vez, tivo a desfachatez de dicirnos que a informacióntiña que ser solicitada a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo”.

Esta liña de alta tensión é un dos proxectos recollidos no denominado “Corredor prioritario das interconexións eléctricas no eixo norte-sur de Europa occidental (NSI WestElectricity)”, que forma parte dos pasos que están levando áconstrución do denominado Mercado Único da Enerxía. Concretamente está recollido como punto 2.17 no anexo C(2017) 7834,  relativo á listaxe de proxectos considerados “de interese” común para a UE dentro do Regulamento delegado da ComisiónEuropea polo que se modifica  o Regulamento (UE) N° 347/2013 do Parlamento Europeo e do Consello. Esta canle de subministro eléctrico entre Galiza e Portugal formaría parte tamén donivel de interconexiónseléctricas correspondente a polo menos o 10% de capacidade de produción instalada en cada Estado acordada no Consello Europeo de Barcelona (2002) e reiterada no considerando N°2 do propio Regulamento (UE) N° 347/2013.

“Debemos ampliar o foco,  tomar consciencia de que esta liña de alta tensión é unha peza máis dentro do Mercado Único da Enerxía proposto pola CE, un paquete de políticas de capitalización dos recursos naturais á costa de fortes impactos medioambientais e sociais”, fiou a eurodeputada do GUE/NGL. “Estamos asistindo á posta a disposición da Galiza aos pes das grandes empresas enerxéticas; por certo, un dos destinos máis habituais para colocar a altos cargos políticos dos grandes partidos”. 

“Este proxecto en Arbo, pero tamén outras cuestións como o trato preferente que a Xunta lle da á produción eólica de multinacionais como Gas Natural Fenosa e Endesa, ou a escandalosa condescendencia ca planta de gas REGANOSA, deben ser contempladas como pezas dentro dun proxecto de concentración do control da produción enerxética a nivel europeo”, alertou.“Se xa a día de hoxe a poboación está sendo sometida á ditadura dos intereses privados nunha cuestión básica para a nosa calidade de vida como é o acceso á enerxía, a consolidación do Mercado Único da Enerxía será unha traba máis na loita pola soberanía enerxética do noso pobo”.

Por último, se ben a eurodeputada galega apostou hoxe pola inmediata retirada do Proxecto de Interconexión Eléctrica do Norte de España-Portugal, esixiu tamén que o Estado español e a Comisión Europea asuman a obriga de cumprir o Anexo VIdo Regulamento (UE) N° 347/2013, que establece Directrices para a Transparencia e a Participación Pública que deberían estar a disposición das persoas afectadas.

Nesta liña hoxe mesmo Lídia Senra dirixiuse de novo á Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea para que aclare o resultado das conversas que levan mantendo co Goberno español nestes últimos meses ao respecto da transposición de tódalas disposicións do citado  Regulamento.

Durán-Senra-Gago_COMpeti210218-2

Durán-Senra-Gago_COMpeti210218

CelestePedrosa_PlataformaArbo

anterior seguinte

Artigos relacionados

Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
WEB_protmenores

Lídia Senra critica a demora do Estado e insta a cumprir inmediatamente as Directivas de protección da infancia

28 Xaneiro, 2019
SOS PANADEIRA_PETI 220119_1

O PE pedirá ás autoridades galegas información relativa á usurpación de espazo público por parte do RCNSX

22 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies