AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

En vídeo: Alternativas da esquerda europea ás políticas de austeridade e á ditadura do euro

22 Xaneiro, 2016 AGE, AGEe, Antón Sánchez García, Daithí Doolan, Die Linke, euro, Expai Marx, Fabio de Masi, GUE/NGL, Joan Tafalla, Lidia Senra, políticas de austeridade, Ramón Franquesa, Sinn Féin, Xosé Manuel Beiras, Yolanda Jubeto

A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acolleu o pasado mes de novembro as xornadas “A esquerda europea, garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”, organizadas polo GUE/NGL, Grupo do que AGEe forma parte.

Poñemos a disposición pública os diferentes vídeos gravados durante as Xornadas nas que a eurodeputada Lídia Senra, que actuou de anfitrioa, subliñou que as institucións europeas “están empeñadas en facernos crer que a única alternativa é a austeridade, manter na miseria as clases populares e o conxunto da cidadanía”. Por iso “é especialmente importante dende a esquerda europea debater sobre a situación dos pobos, sobre todo do Sur da UE”. “Temos que reflexionar e abrir un debate, non pode haber tabús para trazar a europa dos pobos e da solidariedade”, aseverou a eurodeputada galega.

Tamén o deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, reiterou a importancia de reflexionar sobre cuestións como a austeridade ou a propia UE, “porque participamos en movementos sociais e políticos que buscan a emancipación das persoas, e para isto é necesario ter unha posición debatida sobre o principal instrumento de control da cidadanía e da democracia: o euro”.

Aquí podedes acceder ao vídeo resumo das xornadas:

As xornadas comezaron cunha mesa titulada “As políticas de austeridade e a ditadura do euro”, na que interviron o catalán Joan Tafalla, Doutor en Historia pola U.A.B. e membro da Asociación Expai Marx; Daithí Doolan, Concelleiro do Sinn Féin en Dublín (Irlanda); e Ramón Franquesa, Profesor de Economía na Universidade de Barcelona.

Joan Tafalla, encetou a xornada expoñendo unha fonda análise da afección da crise económica en Grecia e a xestión aplicada dende a Unión Europea en clave neoliberal. Para este especialista económico, a aplicación de novos modelos económicos fieis aos dereitos humanos e sociais é unha tarefa que implica “pasar ao primeiro plano a recuperación da soberanía nacional fronte á liquidación da mesma por parte da UE”.

Vídeo da intervención de Joan Tafalla:

Daithí Doolan sinalou na súa intervención que o seu país atópase “nunha situación especial” caracterizada pola duplicidade. “Estamos loitando contra a austeridade a ámbolos lados da fronteira. Temos dúas moedas, a libra esterlina no norte e o euro no sur, dous sistemas de saúde, dous de benestar social e dúas estruturas gubernamentais locais separadas, o cal é unha custosa herdanza do colonialismo británico”. Neste senso, sinalou, “o debate en curso sobre unha saída británica da UE ten o potencial de ter un grave impacto nas relacións anglo-irlandesas, e tamén terá un impacto directo na nosa loita pola reunificación de Irlanda”.

Vídeo da intervención de Daithí Doolan:

Pola súa banda, Ramón Franquesa centrou a súa exposición no euro, moeda que cualificou de “mecanismo de destrución social”, e animou a “seguir a pista dos cartos para entender o que está a suceder”, un camiño que lévanos a confirmar que “quenes provocaron a crise son os que se están a beneficiar máis dela grazas ao terríbel sistema monetario europeo”.

Vídeo da intervención de Ramón Franquesa:

Xa pola tarde, nas Xornadas tivo lugar a mesa titulada “Propostas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas no centro das políticas da Unión Europea”, na que interviron Yolanda Jubeto, Yolanda Jubeto, Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista; Fabio De Masi, Deputado no Parlamento Europeo polo Die Linke (Alemania); e Xosé Manuel Beiras. Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento Galego.

Yolanda Jubeto plantexou un cambio radical do actual paradigma económico, avogando por “situar no centro do sistema económico a Vida e poñendo ao seu servizo a produción, e non ao contrario, como acontece actualmente”. Cómpre visibilizar o “conflicto existente entre Capital e Vida”, pero dende unha visión ampla, que conxugue a “economía feminista, ecoloxista e solidaria”, reivindicando unha visión integral dos espazos do benestar e do malestar”.

Vídeo da intervención de Yolanda Jubeto:

Pola súa banda, Fabio De Masi situou a cuestión da moeda única europea como “un tema que afecta ao núcleo da democracia”, xa que repercute na vivenda, na atención sanitaria, en resumo, “aos problemas da xente día a día”, e subliñou que “é tarefa da esquerda dar respostas”. O economista alemán defendeu que a imposibilidade de evitar o debate sobre o Euro, xa que o Euro “non é simplemente unha moeda, é un conxunto de normas que reflicten unha serie de cuestión en Europa”. A día de hoxe, afirmou De Masi, “a austeridade matou a produción económica e a capacidade de xerar ingresos”.

Vídeo da intervención de Fabio de Masi:

E Xosé Manuel Beiras pechou as Xornadas realizando unha recapitulación histórica do que é “a contraposición do edificio da Unión Europea construído no Tratado de Maastricht e o que é o proxecto da Unión Europa social”, que, defendeu, “actualmente está en xogo”. Beiras fixo un chamamento a estender o debate para poder chegar a unha “indispensable estratexia europea das forzas cívicas e políticas da esquerda” para recuperar a Europa social fronte ao “auténtico 4º Reich no que se converteu actualmente a UE”, denunciou.

Vídeo da intervención de Xosé Manuel Beiras

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies